Actualidad

Ruth logra un contrato indefinido na multinacional Leroy Merlin

  • O seu posto de traballo consiste na reposición e mais etiquetado de productos nas instalacións que a multinacional ten no Concello de Mos

A finais de decembro, Ruth recibiu unha noticia que a deixou, como ela misma di, “sorprendida e moi contenta”: fora seleccionada pola empresa Leroy Merlín para traballar nas súas instalacións en Mos.

Ter firmado un contrato indefinido supón unha motivación á hora de enfrentarse a este novo reto laboral. As súas funcións na sección de sanitarios, como ela misma define, consisten en “axudar a colocar a mercancía que fai falta. Co móvil escaneo o código de barras do producto para por a etiqueta. E tamén limpo e ‘frenteo’ a mercancía”.

Traslada que se sinte moi a gusto no seu novo traballo e que lle agradan, en xeral, todas as súas tarefas. Pon en valor, sobre todo, a relación cos seus compañeiros e o feito de gañar o seu propio diñeiro: “teño bos compañeiros/as,  que me axudan e eu tamén lles podo axudar a eles. Faime sentir moi ben, a verdade”. Sobre a súa economía, explica que “para min gañar o meu propio diñeiro significa moito”. Fundamental.

Ruth é unha das persoas máis veteranas dentro do Servizo de Emprego con Apoio de Down Vigo. No seu extenso currículo destacan postos de reponedora, axudante de farmacia, auxiliar de gasolineira, prácticas en hostalería etc. Ao longo dos anos, adquiriu a experiencia laboral suficiente para conseguir un posto de traballo estable no que sente enormemente feliz.

O programa Emprego con Apoio está deseñado para atender especificamente ás necesidades e barreiras que as persoas con síndrome de Down e outras diversidades intelectuais atopan á hora de tentar acceder ao mercado laboral ordinario. Este modelo baséase en un sistema estruturado de apoios e acompañamentos para guiar ás persoas demandantes de emprego a través de todo o proceso de inserción sociolaboral e asegurar a súa correcta incorporación ao posto de traballo.

Agradecemos a Leroy Merlin a oportunidade de visibilizar a Síndrome de Down no mercado laboral ordinario e esperamos que esta experiencia sirva como exemplo para que cada vez sexa máis común e duradeira a contratación de persoas con algunha diversidade,

Parabéns e ánimo na túa nova etapa, Ruth!

Suscríbete ao noso boletín de noticias

Se queres estar ao día das nosas actividades e noticias, subscríbeche ao noso boletín electrónico mensual. Para iso, só tes que facilitarnos a túa dirección de correo-e. Poderás darche de baixa cando queiras enviando un correo-e a downvigo@downvigo.org ou a través do formulario de contacto

    Responsable de tratamiento: Sus datos serán tratados por DOWN VIGO: ASOCIACION PARA EL SINDROME DE DOWN con domicilio social en Rúa Portela, 48 Baixo, 36214 - Vigo (Pontevedra). Finalidad y legitimación: Sus datos serán tratados para poder enviar comunicaciones (boletines de publicidad, newsletter y envío de contenido promocional), con base legal en el consentimiento expreso. Cesiones: no serán cedidos a terceros salvo obligación legal. Plazo: Sus datos serán tratados el tiempo estrictamente necesario para el cumplimiento de la finalidad o finalidades concretas que motivaron su recogida o, en todo caso, hasta que sean cancelados en respuesta al ejercicio por parte de su titular de los derechos correspondientes. Derechos: Le informamos que puede ejercer sus derechos de acceso, rectificación, cancelación y oposición al tratamiento de sus datos a través de este formulario de contacto o dirigiéndose a la siguiente dirección de correo electrónico: downvigo@downvigo.org, o también por escrito, adjuntando una copia de un documento acreditativo de su identidad a la dirección: Rúa Portela, 48 Baixo, 36214 - Vigo (Pontevedra) Información adicional: Puede consultar la información adicional y detallada sobre Protección de datos en nuestra política de privacidad"
    This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.