Calidade

Certificacións e recoñecementos

Réxime Xurídico:

  • Asociación segundo a Lei de Asociacións do 24 de Decembro de 1964, o Decreto do 20 de maio de 1965, a Orde do 25 de xullo do mesmo ano, a Lei de Procedemento Administrativo do 17 de xullo de 1958, a Orde do 26 de setembro de 1977 e a Constitución Española.
  • Lei Orgánica 1/2002 reguladora do dereito de Asociación.

Rexistro de Asociacións:

  • Rexistro de Asociacións do Goberno Civil de Pontevedra nº 1979.
  • Rexistro de Asociacións e Utilidade Pública da Xunta de Galicia, Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, co nº 1989-1979-1 (PO).
  • Rexistro de Entidades de Acción Voluntaria da Xunta de Galicia, Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade Secretaría Xeral de Benestar O-151.
  • Rexistro de Asociacións do Concello de Vigo, dentro do apartado “Asistencial e da saúde”, como Asociación de Discapacidade Psíquica co nº 248/92.
  • Rexistro Único de Entidades Prestadora de Servizos Sociais (RUEPSS) da Xunta de Galicia co nº E-153.
  • Réxime Fiscal Especial do Título II da Lei 49/2002, “Lei de réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenado”, desde o ano 2006.
  • Rexistro de Centros de Servizos e Establecementos Sanitarios da Comunidade Autónoma de Galicia (REXCE) co nº C36-002049, que contempla a oferta asistencial U.61 (Logopedia) e U.900.70 (Psicoloxía Sanitaria) desde o 13 de novembro do 2013.

Down Vigo dispón dun sistema de xestión da calidade que abarca todos os servizos conforme coa Norma ISO 9001:2015

Política de calidade

DOWN Vigo, Asociación Síndrome de Down, é un Centro de Promoción da Autonomía Persoal, con carácter benéfico-asistencial sen ánimo de lucro, con capacidade xurídica e plena capacidade de obrar constituída no ano 1989 coa finalidade de promocionar e realizar actividades encamiñadas a mellorar a calidade de vida das persoas con síndrome de down, facendo especial énfase na Integración na Vida Familiar, Escolar, Social e Laboral, podéndose beneficiar destas actividades tamén persoas con outra discapacidade.

A Dirección de DOWN Vigo, Asociación Síndrome de Down liderou o deseño e implantación dun Sistema de Xestión da Calidade segundo a Norma ISO 9001 que ten como obxectivo permanente cos nosos usuarios conseguir a súa máxima satisfacción a través dun servizo de calidade, adquirindo o compromiso de cumprir cos requisitos legais e con outros que resulten de aplicación, o compromiso de transmitir a importancia do Usuario/a a todos os niveis da Asociación e o compromiso de mellorar continuamente a eficacia do sistema.

Avogamos firmemente pola implementación de políticas e medidas que favorezan a igualdade entre todos os profesionais que integran esta organización, e como aspecto fundamental para favorecer a conciliación da vida persoal, laboral e familiar de conformidade coa lexislación vixente.

Así mesmo, a Dirección de DOWN Vigo, Asociación Síndrome de Down creou unha Asociación estruturada e adquiriu o compromiso de asignar os recursos humanos, tecnolóxicos e financeiros necesarios para a consecución dos obxectivos da calidade que periodicamente se definen coa finalidade de mellorar a xestión das relacións coas partes interesadas, así como a eficacia interna da Asociación.

Suscríbete ao noso boletín de noticias

Se queres estar ao día das nosas actividades e noticias, subscríbeche ao noso boletín electrónico mensual. Para iso, só tes que facilitarnos a túa dirección de correo-e. Poderás darche de baixa cando queiras enviando un correo-e a downvigo@downvigo.org ou a través do formulario de contacto

    Responsable de tratamento: Os seus datos serán tratados por DOWN VIGO: ASOCIACIÓN PARA O SÍNDROME DE DOWN con domicilio social en Rúa Portela, 48 Baixo, 36214 - Vigo (Pontevedra). Finalidade e lexitimación: Os seus datos serán tratados para poder enviar comunicacións (boletíns de publicidade, newsletter e envío de contido promocional), con base legal no consentimento expreso. Cesións: non serán cedidos a terceiros salvo obrigación legal. Prazo: Os seus datos serán tratados o tempo estritamente necesario para o cumprimento da finalidade ou finalidades concretas que motivaron a súa recollida ou, en todo caso, ata que sexan cancelados en resposta ao exercicio por parte do seu titular dos dereitos correspondentes. Dereitos: Informámoslle que pode exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ao tratamento dos seus datos a través deste formulario de contacto ou dirixíndose á seguinte dirección de correo electrónico: downvigo@downvigo.org, ou tamén por escrito, anexando unha copia dun documento acreditativo da súa identidade á dirección: Rúa Portela, 48 Baixo, 36214 - Vigo (Pontevedra) Información adicional: Información adicional: Pode consultar a información adicional e detallada sobre Protección de datos na nosa política de privacidade"
    This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.