Proxectos

Programa Alida

O Programa ALIDA é unha acción formativa na rama administrativa que pretende mellorar a inserción laboral das persoas coa Síndrome de Down e Discapacidade Intelectual.

Que é o Programa ALIDA?

O Programa ALIDA é unha acción formativa na rama administrativa que pretende mellorar a inserción laboral das persoas con Síndrome de Down e discapacidade intelectual. No ano lectivo 2021-2022, esta formación é realizada en estreita colaboración coa Universidade de Vigo grazas á quinta convocatoria do Programa UniDiversidad de Fundación ONCE, baixo o nome “Programa Universitario para o emprego e a vida autónoma -Atención á diversidade”.

O plan de estudos está estruturado en dous cursos académicos (80 créditos ECTS) e leva a cabo nas instalacións da Universidade de Vigo.

As materias son impartidas por profesionales do ámbito da diversidade intelectual de DOWN Vigo, contando para iso coa colaboración docente por parte da Universidade de Vigo.

Programa formativo

Temporalización

Un curso formativo de ALIDA defínese no período setembro – xuño, ambos os meses incluídos. O curso desenvólvese durante dous anos académicos.
O primeiro curso ten un carácter xeral, introducindo competencias necesarias para desenvolverse na vida diaria.
No segundo curso, o alumnado recibe unha formación máis específica para o traballo. Por iso realizan o seu Practicum en diferentes empresas do tecido productivo da cidade.

Obxetivos xerais

Os obxectivos xerais do Programa ALIDA son:

  • Colaborar coas persoas con discapacidade intelectual no deseño dos seus proxectos de vida.
  • Ofrecer unha formación laboral axustada ás diferenzas individuais, que lles capacite para a inclusión laboral na empresa ordinaria.
  • Proporcionar un servizo de emprego con apoio continuado, que fomente a igualdade de oportunidades na incorporación, mantemento e promoción no posto de traballo no mercado laboral ordinario.
  • Dotar dos apoios necesarios para que os traballadores con Síndrome de Down e discapacidade intelectual poidan desenvolver unha maior autonomía persoal participando como membros activos da sociedade.

Metodoloxía

Atención á diversidade

Poñendo de relevo a importancia do clima na aula e os agrupamentos meditados cara a unha aprendizaxe cooperativa

Intelixencias múltiples

Traballando a resolución de conflitos, fomentando a creatividade, a actividade física e mental e o uso de novas tecnoloxías

Aprendizaxe significativa

Descubrindo con grupos de traballo, centrándonos en temas de interese e aplicando o aprendido á vida cotiá.

Suscríbete ao noso boletín de noticias

Se queres estar ao día das nosas actividades e noticias, subscríbeche ao noso boletín electrónico mensual. Para iso, só tes que facilitarnos a túa dirección de correo-e. Poderás darche de baixa cando queiras enviando un correo-e a downvigo@downvigo.org ou a través do formulario de contacto

    Responsable de tratamiento: Sus datos serán tratados por DOWN VIGO: ASOCIACION PARA EL SINDROME DE DOWN con domicilio social en Rúa Portela, 48 Baixo, 36214 - Vigo (Pontevedra). Finalidad y legitimación: Sus datos serán tratados para poder enviar comunicaciones (boletines de publicidad, newsletter y envío de contenido promocional), con base legal en el consentimiento expreso. Cesiones: no serán cedidos a terceros salvo obligación legal. Plazo: Sus datos serán tratados el tiempo estrictamente necesario para el cumplimiento de la finalidad o finalidades concretas que motivaron su recogida o, en todo caso, hasta que sean cancelados en respuesta al ejercicio por parte de su titular de los derechos correspondientes. Derechos: Le informamos que puede ejercer sus derechos de acceso, rectificación, cancelación y oposición al tratamiento de sus datos a través de este formulario de contacto o dirigiéndose a la siguiente dirección de correo electrónico: downvigo@downvigo.org, o también por escrito, adjuntando una copia de un documento acreditativo de su identidad a la dirección: Rúa Portela, 48 Baixo, 36214 - Vigo (Pontevedra) Información adicional: Puede consultar la información adicional y detallada sobre Protección de datos en nuestra política de privacidad"
    This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.