DOWN Vigo renova a súa colaboración coa Autoridade Portuaria para a realización de prácticas formativas
- A entidade e mais a Autoridade Portuaria formalizaron o seu compromiso conxunto en favor da inclusión laboral de persoas coa Síndrome de Down e diversidade intelectual
- O convenio firmado ten como obxecto a realización de prácticas formativas na Autoridade Portuaria durante un periodo inicial de seis meses
DOWN Vigo renovou o seu convenio de colaboración coa Autoridade Portuaria, o que consolida o compromiso de ambas entidades coa inclusión sociolaboral das persoas coa Síndrome de Down e diversidade intelectual. A partir del 1 de febrero e con una duración inicial de seis meses, Antón realizará prácticas formativas no posto de auxiliar administrativo, nas instalacións que a Autoridade Portuaria ten no Porto Pesquero, en O Berbés (Vigo).
O acordo, que se inclúe dentro dun convenio marco de catro anos de duración, foi firmado esta mañán por Carlos Botana, Presidente de la Autoridad Portuaria de Vigo; Beatriz Colunga, Directora da Autoridade Portuaria de Vigo; Dorinda Conde, Responsable de Recursos Humanos; José Manuel García, Presidente de Down Vigo; Roberto Campo, Director Xerente de Down Vigo; Olalla González; preparadora laboral de DOWN Vigo; e Antón Nores, que asiste ao servizo de Emprego da entidade.
O obxectivo desta colaboración é facer posible que as persoas do Servizo de Emprego con Apoio da entidade poidan beneficiarse da realización de prácticas formativas na Autoridade Portuaria de Vigo, para así potenciar a súa inclusión sociolaboral, facilitando a súa formación continua e mellorando a súa empleabilidade á hora de acceder a un emprego.
Agradecemos á Autoridade Portuaria o seu compromiso coa nosa entidade, que leva demostrando durante anos grazas a diversas oportunidades de inclusión laboral. Durante este tempo, teñen sido un exemplo para que empresas públicas e privadas abran as súas portas a persoas coa Síndrome de Down e diversidade intelectual e confíen na metodoloxía do Emprego con Apoio.