Actualidad

DOWN Vigo conmemora o Día Mundial da Síndrome de Down cunha nova edición do Desfile Inclusivo no CC Vialia

  • O evento, promovido por Decathlon e no que tamén participa Discamino, será o próximo venres 22 de marzo ás 17:00 horas
  • Desta maneira, unímonos ao Movemento Down en Galicia, que este ano organiza a súa gala anual en Ferrol   
  • Pola súa parte, a campaña de Down España reivindica máis oportunidades de emprego co lema #Extracapacitados

DOWN Vigo conmemora o Día Mundial da Síndrome de Down, que terá lugar o próximo 21 de marzo, para, un ano máis, visibilizar a inclusión real e romper os estereotipos que aínda permanecen na sociedade.

O venres 22 de marzo ás 18:00 horas celebrarase o II Desfile Inclusivo, en colaboración con Decathlon e Discamino, no escenario Vigo Exporta (planta baixa) do centro comercial Vialia. Trátase dunha iniciativa solidaria que busca sensibilizar acerca dos valores do deporte: cooperación, esforzo e traballo en equipo. Persoas coa Síndrome de Down e outras diversidades compartirán pasarela con traballadores/as de Decathlon, para entre todos amosar que todo tipo de actividade física pode ser unha ferramenta de desenvolvemento individual e colectivo. Ese mesmo día, ás 17:00 horas terá lugar un taller infantil que fomentará o valor da diferenza e a diversidade.

Acto de Down Galicia

O Movemento Down en Galicia organizará o seu acto anual co que busca dar visibilidade ás persoas coa Síndrome de Down e facer oír as súas reivindicacións. O evento será no Teatro Jofre de Ferrol a partir das 19:00 horas do xoves 21 de marzo.

Campaña de Down España

Con motivo do Día Mundial del Síndrome de Down, Down España lanza a campaña “#NoSomosUnEstereotipo, somos mucho más”, co obxectivo de cambiar a forma de ver ás persoas coa síndrome de Down, que a cotío está cargada de prexuizos e mais estereotipos que dificultan a súa inclusión na sociedade.

Suscríbete ao noso boletín de noticias

Se queres estar ao día das nosas actividades e noticias, subscríbeche ao noso boletín electrónico mensual. Para iso, só tes que facilitarnos a túa dirección de correo-e. Poderás darche de baixa cando queiras enviando un correo-e a downvigo@downvigo.org ou a través do formulario de contacto

    Responsable de tratamiento: Sus datos serán tratados por DOWN VIGO: ASOCIACION PARA EL SINDROME DE DOWN con domicilio social en Rúa Portela, 48 Baixo, 36214 - Vigo (Pontevedra). Finalidad y legitimación: Sus datos serán tratados para poder enviar comunicaciones (boletines de publicidad, newsletter y envío de contenido promocional), con base legal en el consentimiento expreso. Cesiones: no serán cedidos a terceros salvo obligación legal. Plazo: Sus datos serán tratados el tiempo estrictamente necesario para el cumplimiento de la finalidad o finalidades concretas que motivaron su recogida o, en todo caso, hasta que sean cancelados en respuesta al ejercicio por parte de su titular de los derechos correspondientes. Derechos: Le informamos que puede ejercer sus derechos de acceso, rectificación, cancelación y oposición al tratamiento de sus datos a través de este formulario de contacto o dirigiéndose a la siguiente dirección de correo electrónico: downvigo@downvigo.org, o también por escrito, adjuntando una copia de un documento acreditativo de su identidad a la dirección: Rúa Portela, 48 Baixo, 36214 - Vigo (Pontevedra) Información adicional: Puede consultar la información adicional y detallada sobre Protección de datos en nuestra política de privacidad"
    This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.