Actualidad

Down Vigo colabora en Vigo Porté, o evento internacional de disciplinas de baile máis importante da cidade

  • Adrián, Tamara, María e Luana actuarán o vindeiro domingo 28 de abril ás 20:00 horas no Auditorio Mar de Vigo
  • Vigo Porté é un evento internacional que reunirá a máis de 1.500 profesionais de baile de 38 centros de danza, que interpretarán máis de 400 coreografías

Down Vigo participará na 12ª edición de Vigo Porté, o evento internacional de referencia de disciplinas de baile, que se celebrará en Vigo esta fin de semana. Adrián, Tamara, María e Luana actuarán, acompañados por profesionais da entidade, o vindeiro domingo 28 de abril ás 20:00 horas no Auditorio Mar de Vigo, cunha exhibición previa á Final Vigo Porté 2024.

O centro comercial Vialia acolleu a presentación deste certame de alcance internacional, nun evento ao que asistiron Lorena López, directora do certame; Ana Ortiz, delegada da Xunta de Galicia en Vigo, como patrocinadora do Trofeo Vigo Xacobeo; Juan Louro, director do centro comercial; e Adrián Dacuña, Luana Otero e Tamara Carballa, que asisten ao servizo de Musicoterapia de Down Vigo.

A actuación consistirá na interpretación de “A sirena”, un número moi emotivo de amor e frustración polo amor non correspondido, no cal se mostrarán en escena as habilidades especiais de Adrián como vocalista, María e Luana nas palmas e Tamara na interpretación coreográfica e dancística.

Final Vigo Porté 2024

Vigo Porté é un evento Internacional de Disciplinas de Baile que este ano celebra a súa duodécima edición presencial no Auditorio Mar de Vigo. De media, estímase que máis de 8.000 persoas asistirán como público durante toda a fin de semana. En edicións anteriores, actuaron máis de 1.500 coreografías, 9.000 bailaríns e 400 escolas de danza.

O carácter do evento é internacional, con presenza de participantes de toda España, Portugal, Francia, Chile e Venezuela. É considerado un dos eventos de danza máis importantes de Europa, tanto por parte de membros do xurado, como polos propios participantes que adoitan asistir a eventos noutros países e cualifican como superior, a calidade e organización de Vigo Porté.

Javier Castillo “Poty” volverá ser, un ano máis, o “buque insignia” do evento. Nesta edición estará presente na Final, e será o encargado de escoller, xunto co resto dos seus compañeiros do xurado, as mellores coreografías das catro categorías do Trofeo.

Agradecemos de maneira especial a Vigo Porté o seu compromiso con visibilizar a inclusión real e a oportunidade de demostrar que as disciplinas artísticas poden ser unha saída profesional para as persoas con Síndrome de Down e diversidade intelectual.

Suscríbete ao noso boletín de noticias

Se queres estar ao día das nosas actividades e noticias, subscríbeche ao noso boletín electrónico mensual. Para iso, só tes que facilitarnos a túa dirección de correo-e. Poderás darche de baixa cando queiras enviando un correo-e a downvigo@downvigo.org ou a través do formulario de contacto

    Responsable de tratamiento: Sus datos serán tratados por DOWN VIGO: ASOCIACION PARA EL SINDROME DE DOWN con domicilio social en Rúa Portela, 48 Baixo, 36214 - Vigo (Pontevedra). Finalidad y legitimación: Sus datos serán tratados para poder enviar comunicaciones (boletines de publicidad, newsletter y envío de contenido promocional), con base legal en el consentimiento expreso. Cesiones: no serán cedidos a terceros salvo obligación legal. Plazo: Sus datos serán tratados el tiempo estrictamente necesario para el cumplimiento de la finalidad o finalidades concretas que motivaron su recogida o, en todo caso, hasta que sean cancelados en respuesta al ejercicio por parte de su titular de los derechos correspondientes. Derechos: Le informamos que puede ejercer sus derechos de acceso, rectificación, cancelación y oposición al tratamiento de sus datos a través de este formulario de contacto o dirigiéndose a la siguiente dirección de correo electrónico: downvigo@downvigo.org, o también por escrito, adjuntando una copia de un documento acreditativo de su identidad a la dirección: Rúa Portela, 48 Baixo, 36214 - Vigo (Pontevedra) Información adicional: Puede consultar la información adicional y detallada sobre Protección de datos en nuestra política de privacidad"
    This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.