Actualidad

A plataforma Social Calvario conmemora o 8M cun mural colaborativo na Escola Oficial de Idiomas

  • Este venres máis dun centenar de persoas usuarias e profesionais de asociacións solidarias do barrio elaboraron un mural conxunto

O barrio do Calvario en Vigo é o fogar dunha chea de agrupacións solidarias da cidade que traballan día a día para mellorar a vida das súas persoas que asisten ós seus servizos. As direccións destas organizacións crearon a Plataforma Social Calvario, para seguir crecendo no seu camiño e poder organizar actividades de máis impacto. Este venres máis dun centenar de traballadores, traballadoras e persoas usuarias destas entidades uníronse ao alumnado da Escola Oficial de Idiomas para crear un mural colaborativo polo 8M, Día da Muller.

O acto comezou ás 11.00 horas e consistiu en pintar un mural colaborativo para expoñer no recibidor do edificio mentres se escoitaba aos e ás maiores do coro de Párkinson Vigo. Ademáis, leuse un manifesto conxunto para visibilizar a doble discriminación que sofren as mulleres usuarias destas entidades.

As principais reivindicacións centráronse en amosar as distintas realidades das mulleres coa Síndrome de Down e diversidade intelectual; as que teñen problemas de adiccións; diversidades motoras; párkinson; mulleres xitanas; ou mulleres maiores. Todas elas sofren discriminación por formar parte dun colectivo en risco de exclusión social, unha situación que empeora polo feito de ser mulleres. O acto tamén serviu de homenaxe a todas esas mulleres referentes que abriron o camiño cara a igualdade.

A plataforma Social Calvario, dinamizada dende 2022, está formada pola Asociación Érguete, Down Vigo, Afaga Alzhéimer, Arela, Secretariado Gitano, Igualarte, Párkinson Vigo, Asem, Apamp, Fundación Érguete-Integración, Biblioteca Xosé Neira Vilas, Centro Municipal de Benestar Social Rivera Atienza e o centro social Rivera Atienza.  Tamén participaron no acto, ademáis da Escola Oficial de Idiomas, o alumnado e profesorado do IES Castelao, a Fundación Juan Soñador e os centros de día Lavadores e Parque de Castrelos.

Suscríbete ao noso boletín de noticias

Se queres estar ao día das nosas actividades e noticias, subscríbeche ao noso boletín electrónico mensual. Para iso, só tes que facilitarnos a túa dirección de correo-e. Poderás darche de baixa cando queiras enviando un correo-e a downvigo@downvigo.org ou a través do formulario de contacto

    Responsable de tratamento: Os seus datos serán tratados por DOWN VIGO: ASOCIACIÓN PARA O SÍNDROME DE DOWN con domicilio social en Rúa Portela, 48 Baixo, 36214 - Vigo (Pontevedra). Finalidade e lexitimación: Os seus datos serán tratados para poder enviar comunicacións (boletíns de publicidade, newsletter e envío de contido promocional), con base legal no consentimento expreso. Cesións: non serán cedidos a terceiros salvo obrigación legal. Prazo: Os seus datos serán tratados o tempo estritamente necesario para o cumprimento da finalidade ou finalidades concretas que motivaron a súa recollida ou, en todo caso, ata que sexan cancelados en resposta ao exercicio por parte do seu titular dos dereitos correspondentes. Dereitos: Informámoslle que pode exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ao tratamento dos seus datos a través deste formulario de contacto ou dirixíndose á seguinte dirección de correo electrónico: downvigo@downvigo.org, ou tamén por escrito, anexando unha copia dun documento acreditativo da súa identidade á dirección: Rúa Portela, 48 Baixo, 36214 - Vigo (Pontevedra) Información adicional: Información adicional: Pode consultar a información adicional e detallada sobre Protección de datos na nosa política de privacidade"
    This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.