Actualidad

A obra ‘A Sirena’, de Down Vigo, chea de maxia o Evento Internacional de Disciplinas de Baile Vigo Porté

  • A 12ª edición de Vigo Porté, evento internacional de referencia de disciplinas de baile, celebrouse en Vigo esta fin de semana coa actuación dun grupo de Down Vigo
  • Adrián, Tamara, María e Luana actuaron, acompañados por profesionais da entidade cunha exhibición previa á Gran Final


Este domingo, Down Vigo puxo en pé ao auditorio Mar de Vigo coa súa obra ‘A Sirena’. Adrián Dacuña, Luana Otero, María Centeo e Tamara Carballa actuaron na gran final de Vigo Porté, xunto ás profesionais da entidade Estefanía Hermida, Leticia Torres, Miriam Armada e Patricia Sobreira. Baixo a dirección de Erick Alexander Corrente, técnico de Musicoterapia, desenvolveron unha obra dancística cuxa temática era o amor non correspondido.

Vigo Porté 2024

Vigo Porté é un evento Internacional de Disciplinas de Baile que este ano celebrou a súa duodécima edición presencial no Auditorio Mar de Vigo. De media, estímase que máis de 8.000 persoas asistiron como público durante toda a fin de semana. Nesta edición, a escola de danza viguesa Media Punta converteuse na gañadora do Premio Vigo Porté 2024, coa súa coreografía Rede Jazz.

O carácter do evento é internacional, con presenza de participantes de toda España, Portugal, Francia, Chile e Venezuela. É considerado un dos eventos de danza máis importantes de Europa, tanto por parte de membros do xurado, como polos propios participantes que adoitan asistir a eventos noutros países e cualifican como superior, a calidade e organización de Vigo Porté.

Javier Castillo “Poty” foi, un ano máis, o “buque insignia” do evento. Nesta edición, foi o encargado de escoller, xunto co resto dos seus compañeiros do xurado, as mellores coreografías das catro categorías do Trofeo.

Agradecemos de xeito especial a Vigo Porté o seu compromiso con visibilizar a inclusión real e a oportunidade de demostrar que as disciplinas artísticas poden ser unha saída profesional para as persoas con Síndrome de Down e diversidade intelectual.

Suscríbete ao noso boletín de noticias

Se queres estar ao día das nosas actividades e noticias, subscríbeche ao noso boletín electrónico mensual. Para iso, só tes que facilitarnos a túa dirección de correo-e. Poderás darche de baixa cando queiras enviando un correo-e a downvigo@downvigo.org ou a través do formulario de contacto

    Responsable de tratamiento: Sus datos serán tratados por DOWN VIGO: ASOCIACION PARA EL SINDROME DE DOWN con domicilio social en Rúa Portela, 48 Baixo, 36214 - Vigo (Pontevedra). Finalidad y legitimación: Sus datos serán tratados para poder enviar comunicaciones (boletines de publicidad, newsletter y envío de contenido promocional), con base legal en el consentimiento expreso. Cesiones: no serán cedidos a terceros salvo obligación legal. Plazo: Sus datos serán tratados el tiempo estrictamente necesario para el cumplimiento de la finalidad o finalidades concretas que motivaron su recogida o, en todo caso, hasta que sean cancelados en respuesta al ejercicio por parte de su titular de los derechos correspondientes. Derechos: Le informamos que puede ejercer sus derechos de acceso, rectificación, cancelación y oposición al tratamiento de sus datos a través de este formulario de contacto o dirigiéndose a la siguiente dirección de correo electrónico: downvigo@downvigo.org, o también por escrito, adjuntando una copia de un documento acreditativo de su identidad a la dirección: Rúa Portela, 48 Baixo, 36214 - Vigo (Pontevedra) Información adicional: Puede consultar la información adicional y detallada sobre Protección de datos en nuestra política de privacidad"
    This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.