Actualidad

Visita institucional da ministra de Educación, Formación profesional e Deportes, Pilar Alegría

  • Despois de non poder asistir á inauguración oficial, cumpriu a súa promesa de coñecer a nova sede da entidade e a nosa actividade diaria
  • A recepción, dirixida polo vicepresidente da entidade Iván Giráldez, contou tamén coa presenza de autoridades como o alcalde de Vigo, Abel Caballero; e o delegado Especial do Estado para Zona Franca, David Regades

A ministra de Educación, Formación Profesional e Deportes, Pilar Alegría, visitou o pasado xoves a nova sede de Down Vigo. Foi recibida por Iván Giráldez, vicepresidente da entidade, e david Regades, delegado Especial do Estado para Zona Franca, así como outros membros da Xunta Directiva da entidade.

Esta viaxe da ministra a Vigo estaba previsto para o pasado 30 de outubro, pero non se puido levar a cabo pola cancelación do voo por parte da compañía aérea, e nese momento Alegría comprometeuse a reagendarlo canto antes para estar cos mozos de Down Vigo.

Alegría, que tamén acudiu ao Concello de Vigo e estivo acompañada polo alcalde do municipio, Abel Caballero, resaltou o acompañamento ás persoas con Síndrome de Down e ás súas familias levado a cabo pola asociación, o traballo para fomentar a inclusión e para axudarlles a aprender, traballar e vivir con autonomía.

Así, puido coñecer de primeira man o traballo diario que realizamos nas diferentes etapas da vida dunha persoa con Síndrome de Down ou diversidade intelectual. Como mostra, visitou unha aula de Inclusión Educativa e unha de Emprego con Apoio, na que desenvolven o proxecto de vídeoblog Proxecto ECA.

A titular de Educación percorreu as novas instalacións, un espazo con máis de 1.100 metros cadrados financiado con fondos do Consorcio de Zona Franca de Vigo (unha institución pública creada en 1947 dependente do Ministerio de Facenda).

Agradecemos enormemente o compromiso institucional das autoridades que apoian o noso traballo diario.

Suscríbete ao noso boletín de noticias

Se queres estar ao día das nosas actividades e noticias, subscríbeche ao noso boletín electrónico mensual. Para iso, só tes que facilitarnos a túa dirección de correo-e. Poderás darche de baixa cando queiras enviando un correo-e a downvigo@downvigo.org ou a través do formulario de contacto

    Responsable de tratamiento: Sus datos serán tratados por DOWN VIGO: ASOCIACION PARA EL SINDROME DE DOWN con domicilio social en Rúa Portela, 48 Baixo, 36214 - Vigo (Pontevedra). Finalidad y legitimación: Sus datos serán tratados para poder enviar comunicaciones (boletines de publicidad, newsletter y envío de contenido promocional), con base legal en el consentimiento expreso. Cesiones: no serán cedidos a terceros salvo obligación legal. Plazo: Sus datos serán tratados el tiempo estrictamente necesario para el cumplimiento de la finalidad o finalidades concretas que motivaron su recogida o, en todo caso, hasta que sean cancelados en respuesta al ejercicio por parte de su titular de los derechos correspondientes. Derechos: Le informamos que puede ejercer sus derechos de acceso, rectificación, cancelación y oposición al tratamiento de sus datos a través de este formulario de contacto o dirigiéndose a la siguiente dirección de correo electrónico: downvigo@downvigo.org, o también por escrito, adjuntando una copia de un documento acreditativo de su identidad a la dirección: Rúa Portela, 48 Baixo, 36214 - Vigo (Pontevedra) Información adicional: Puede consultar la información adicional y detallada sobre Protección de datos en nuestra política de privacidad"
    This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.