Actualidad

Viaxamos a Benidorm!

  • Como cada ano, a área de Autonomía organizou unha viaxe grazas á convocatoria do IMSERSO (Instituto de Maiores e Servizos Sociais)
  • Nove mozos da entidade, xunto á dos profesionis, visitaron Benidorm, Altea e mais o parque de atraccións Terra Mítica

Este mes de maio vai ser difícil de esquecer para Bibi, Dani, David, Paula, Ramón, Rocío, Sara e Tamara. Os nove, xunto ás súas profes María e Patri, participaron na viaxe do IMSERSO que, como cada ano, organiza Down Vigo. Nesta ocasión, visitaron Benidorm, Altea e o parque de atraccións Terra Mítica. A experiencia non puido ser máis positiva: moitas risas, primeiras veces en avión e moito sol!

Nada máis chegar ao hotel, xa lles esperaban moitas actividades de lecer: piscina, campionato de billar e baloncesto acuático, clases de baile latino, concertos… Esta viaxe foi unha ocasión perfecta para probar primeiras veces: viaxando en avión, durmindo fóra de casa ou visitando unha cidade nova. Ademais de Benidorm, o grupo visitou o pobo de Altea. Tras consultar na oficina de turismo, visitaron o casco antigo e o Museo Casal do Fester, onde se ensina a tradición de mouros e cristiáns. Menos mal que estaba o mapa para aprender a movernos por unha cidade nova! Por suposto, non podían volver sen gozar de Terra Mítica, parque de atraccións que se basea en antigas civilizacións do Mediterráneo, representadas en cinco zonas temáticas: Exipto, Grecia, Roma, As Illas e Iberia.

Aproveitando o bo tempo, percorreron o paseo marítimo de Benidorm ata o Balcón do Mediterráneo. Sen dúbida, foi unha experiencia inesquecible xa estamos a desexar repetir!

Suscríbete ao noso boletín de noticias

Se queres estar ao día das nosas actividades e noticias, subscríbeche ao noso boletín electrónico mensual. Para iso, só tes que facilitarnos a túa dirección de correo-e. Poderás darche de baixa cando queiras enviando un correo-e a downvigo@downvigo.org ou a través do formulario de contacto

    Responsable de tratamiento: Sus datos serán tratados por DOWN VIGO: ASOCIACION PARA EL SINDROME DE DOWN con domicilio social en Rúa Portela, 48 Baixo, 36214 - Vigo (Pontevedra). Finalidad y legitimación: Sus datos serán tratados para poder enviar comunicaciones (boletines de publicidad, newsletter y envío de contenido promocional), con base legal en el consentimiento expreso. Cesiones: no serán cedidos a terceros salvo obligación legal. Plazo: Sus datos serán tratados el tiempo estrictamente necesario para el cumplimiento de la finalidad o finalidades concretas que motivaron su recogida o, en todo caso, hasta que sean cancelados en respuesta al ejercicio por parte de su titular de los derechos correspondientes. Derechos: Le informamos que puede ejercer sus derechos de acceso, rectificación, cancelación y oposición al tratamiento de sus datos a través de este formulario de contacto o dirigiéndose a la siguiente dirección de correo electrónico: downvigo@downvigo.org, o también por escrito, adjuntando una copia de un documento acreditativo de su identidad a la dirección: Rúa Portela, 48 Baixo, 36214 - Vigo (Pontevedra) Información adicional: Puede consultar la información adicional y detallada sobre Protección de datos en nuestra política de privacidad"
    This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.