Actualidad

Sofía comeza a traballar en Sanitas Dental

  • Grazas á colaboración de Down España con Sanitas Dental, Sofía acaba de asinar o seu primeiro contrato de traballo, indefinido desde o primeiro día
  • Como ela mesma explica: “estou moi feliz. Teño compañeiras, relaciónome, participo”

Sofía acaba de asinar o seu primeiro contrato de traballo, indefinido desde o primeiro día, grazas a unha oportunidade laboral en Sanitas Dental xurdida por mor da colaboración con Down España.

Desde hai unhas semanas, traballa como persoal de apoio nunha das clínicas dentais que a empresa ten en Vigo. As súas tarefas consisten en repoñer material nas consultas e preparar bolsas de esterilización. Entre elas, Sofía destaca que lle gusta especialmente revisar a caducidade dos produtos e repoñer nos gabinetes.

Neste proceso de aprendizaxe, destaca a boa acollida por parte do equipo da clínica, así como a súa enteira disposición para que a inclusión plena de Sofía sexa unha realidade. Ser parte activa da sociedade e ter un emprego estable é fundamental para que Sofía alcance os seus obxectivos de vida autónoma. Agora mesmo, a súa motivación é aforrar o seu salario para, nun futuro, vivir nun piso con máis compañeiros/as. 

A realización profesional que alcanzou Sofía con este contrato é o premio a un camiño de esforzo e perseveranza. Durante estes anos, formouse tanto no perfil administrativo como no sector da hostalería, completando mesmo diferentes períodos de prácticas formativas como conserxe, axudante de cafetería, limpadora e axudante de oficina en empresas do tecido empresarial vigués.

Desde Down Vigo agradecemos a Sanitas Dental o seu compromiso coa igualdade de oportunidades para as persoas con Síndrome de Down e diversidade intelectual e animamos a Sofía a seguir demostrando que a inclusión non só é posible, senón que é unha realidade.

Suscríbete ao noso boletín de noticias

Se queres estar ao día das nosas actividades e noticias, subscríbeche ao noso boletín electrónico mensual. Para iso, só tes que facilitarnos a túa dirección de correo-e. Poderás darche de baixa cando queiras enviando un correo-e a downvigo@downvigo.org ou a través do formulario de contacto

    Responsable de tratamiento: Sus datos serán tratados por DOWN VIGO: ASOCIACION PARA EL SINDROME DE DOWN con domicilio social en Rúa Portela, 48 Baixo, 36214 - Vigo (Pontevedra). Finalidad y legitimación: Sus datos serán tratados para poder enviar comunicaciones (boletines de publicidad, newsletter y envío de contenido promocional), con base legal en el consentimiento expreso. Cesiones: no serán cedidos a terceros salvo obligación legal. Plazo: Sus datos serán tratados el tiempo estrictamente necesario para el cumplimiento de la finalidad o finalidades concretas que motivaron su recogida o, en todo caso, hasta que sean cancelados en respuesta al ejercicio por parte de su titular de los derechos correspondientes. Derechos: Le informamos que puede ejercer sus derechos de acceso, rectificación, cancelación y oposición al tratamiento de sus datos a través de este formulario de contacto o dirigiéndose a la siguiente dirección de correo electrónico: downvigo@downvigo.org, o también por escrito, adjuntando una copia de un documento acreditativo de su identidad a la dirección: Rúa Portela, 48 Baixo, 36214 - Vigo (Pontevedra) Información adicional: Puede consultar la información adicional y detallada sobre Protección de datos en nuestra política de privacidad"
    This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.