Actualidad

Rubén firma un contrato indefinido como persoal de limpeza en Carrefour

  • Este novo compromiso reafirma a colaboración que a empresa ten coa entidade dende 2014


DOWN Vigo e a empresa Carrefour consolidan a súa colaboración apostando por contratar de maneira indefinida a Rubén, que leva tres anos traballando como persoal de limpeza no hipermercado que a compañía ten no Centro Comercial Gran Vía de Vigo. É a segunda persoa da entidade que forma parte do persoal da tenda, desde que en 2014 se iniciase a colaboración coa asociación.

As súas funcións, tal e como el explica, son “limpar as oficinas e a tenda”. Antonio Iglesias, Director de Recursos Humanos de Carrefour, destaca de Rubén “a súa rápida adaptación ao posto, o seu compromiso e a súa ilusión. Había unha frase que repetiu varios días: “Toño, cando empezo?”.

A reacción de Rubén ante a firma deste novo contrato é de alegría, pero tamén de orgullo ao ver a súa gran evolución no desenvolvemento do seu traballo e os resultados do seu esforzo: “cada día véxome mellor e máis rápido”. Sobre isto, Antonio Iglesias indica que “a nivel persoal síntome feliz ao ver a evolución tan positiva de Rubén e o logro de superar as dificultades de comunicación, que hoxe me parecen xa moi afastadas”.

Con este novo paso cara á súa autonomía persoal e independencia, Rubén está máis preto de lograr o que era o seu obxectivo fai tres ano: “gustaríame seguir aquí moito tempo e esfórzome porque quero conseguilo”.

A colaboración de Down Vigo e Carrefour Vigo II comezou o seu percorrido no ano 2007. Neste tempo, foron varias as persoas do Servizo de Emprego con Apoio da entidade quen mellorou a súa experiencia laboral na cadea de hipermercados, ben sexa a través de prácticas ou grazas a contratos en distintos postos de traballo, como persoal de caixa ou de reposición. Como afirma Antonio Iglesias, “a incorporación de Rubén ao noso equipo de traballo reafirma o compromiso que temos coa integración de persoas con diferentes capacidades”.

Desde DOWN Vigo agradecemos a Carrefour a súa implicación coa igualdade de oportunidades e damos o parabén a Rubén por superar este reto.

Suscríbete ao noso boletín de noticias

Se queres estar ao día das nosas actividades e noticias, subscríbeche ao noso boletín electrónico mensual. Para iso, só tes que facilitarnos a túa dirección de correo-e. Poderás darche de baixa cando queiras enviando un correo-e a downvigo@downvigo.org ou a través do formulario de contacto

    Responsable de tratamiento: Sus datos serán tratados por DOWN VIGO: ASOCIACION PARA EL SINDROME DE DOWN con domicilio social en Rúa Portela, 48 Baixo, 36214 - Vigo (Pontevedra). Finalidad y legitimación: Sus datos serán tratados para poder enviar comunicaciones (boletines de publicidad, newsletter y envío de contenido promocional), con base legal en el consentimiento expreso. Cesiones: no serán cedidos a terceros salvo obligación legal. Plazo: Sus datos serán tratados el tiempo estrictamente necesario para el cumplimiento de la finalidad o finalidades concretas que motivaron su recogida o, en todo caso, hasta que sean cancelados en respuesta al ejercicio por parte de su titular de los derechos correspondientes. Derechos: Le informamos que puede ejercer sus derechos de acceso, rectificación, cancelación y oposición al tratamiento de sus datos a través de este formulario de contacto o dirigiéndose a la siguiente dirección de correo electrónico: downvigo@downvigo.org, o también por escrito, adjuntando una copia de un documento acreditativo de su identidad a la dirección: Rúa Portela, 48 Baixo, 36214 - Vigo (Pontevedra) Información adicional: Puede consultar la información adicional y detallada sobre Protección de datos en nuestra política de privacidad"
    This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.