Actualidad

Recibimos unha doazón de equipo informático grazas a Fundación Ayesa

  • A entidade xa está empregando os dez equipos informáticos e un switch de red

DOWN Vigo ven de recibir unha doazón de equipo informático grazas a Fundación Ayesa, a través dunha convocatoria para crear salas de informática en entidades sociais. O obxectivo é prestar un mellor servizo ás persoas que asisten á entidade grazas á doazón de equipos informáticos de segunda man.


Así, a entidade recibiu un total de dez equipos informáticos (concretamente ordenadores portátiles) e un switch de rede, que permite aumentar o número de conexións dispoñibles e crear unha rede de datos. Grazas a estes recursos, as persoas que asisten á entidade poderán mellorar a súa formación en novas tecnoloxías, e así reducir a fenda dixital do colectivo de persoas con Síndrome de Down e diversidade intelectual.

Esta doazón permitiu a creación dunha aula de informática itinerante, o que permite organizar diferentes grupos de traballo dentro da aula, adaptándonos así ás diferentes realidades formativas. Cabe destacar que o uso das ferramentas informáticas é transversal en todos os aspectos da vida persoal e profesional da persoa con Síndrome de Down e discapacidade intelectual.

Entre os contidos que se traballan nesta aula de informática itinerante, destacan as habilidades ofimáticas básicas (procesadores de texto, procura de información en páxinas web etc.)/ etc.); a xestión de trámites administrativos en liña e certificados dixitais; a procura activa de emprego utilizando novas tecnoloxías ou o uso das últimas aplicacións educativas.

Suscríbete ao noso boletín de noticias

Se queres estar ao día das nosas actividades e noticias, subscríbeche ao noso boletín electrónico mensual. Para iso, só tes que facilitarnos a túa dirección de correo-e. Poderás darche de baixa cando queiras enviando un correo-e a downvigo@downvigo.org ou a través do formulario de contacto

    Responsable de tratamiento: Sus datos serán tratados por DOWN VIGO: ASOCIACION PARA EL SINDROME DE DOWN con domicilio social en Rúa Portela, 48 Baixo, 36214 - Vigo (Pontevedra). Finalidad y legitimación: Sus datos serán tratados para poder enviar comunicaciones (boletines de publicidad, newsletter y envío de contenido promocional), con base legal en el consentimiento expreso. Cesiones: no serán cedidos a terceros salvo obligación legal. Plazo: Sus datos serán tratados el tiempo estrictamente necesario para el cumplimiento de la finalidad o finalidades concretas que motivaron su recogida o, en todo caso, hasta que sean cancelados en respuesta al ejercicio por parte de su titular de los derechos correspondientes. Derechos: Le informamos que puede ejercer sus derechos de acceso, rectificación, cancelación y oposición al tratamiento de sus datos a través de este formulario de contacto o dirigiéndose a la siguiente dirección de correo electrónico: downvigo@downvigo.org, o también por escrito, adjuntando una copia de un documento acreditativo de su identidad a la dirección: Rúa Portela, 48 Baixo, 36214 - Vigo (Pontevedra) Información adicional: Puede consultar la información adicional y detallada sobre Protección de datos en nuestra política de privacidad"
    This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.