Recibimos as chaves da nova sede no Casco Vello de Vigo
- O próximo 8 de septiembre comenzamos o ano académico no local habilitado por Zona Franca, en C/Real 27
Down Vigo e Zona Franca asinaron o pasado venres o acordo que formaliza a toma de posesión da nova sede no centro histórico da cidade. Ao acto institucional asistiron o delegado especial do Estado na Zona Franca de Vigo, David Regades; o presidente de Down Vigo, Francisco Xavier Aparicio; o vicepresidente da entidade, Iván Giráldez; así como o director xerente, Roberto Campo.

Foi un momento emocionante para todos/as. Despois de dous anos de obras de rehabilitación, o próximo 8 de setembro retómase a actividade en C/Real, 27, en pleno casco lanuxe. A partir de entón poderemos gozar de máis de 1.100 metros cadrados distribuídos en planta baixa e tres alturas no centro histórico de Vigo. Más espazo e máis visibilidade. Más calidade.
O presidente da entidade, Francisco Xavier Aparicio, quixo destacar o enorme impacto que implica este traslado en canto a inclusión social e comunitaria: “unhas instalacións como estas obrígannos a ser un centro de referencia para a cidade e para todas as entidades sociais”.
O delegado especial do Estado para Zona Franca, David Regades, manifestou que “esta alianza con Down Vigo é un dos proxectos máis satisfactorios e a mostra de que o desenvolvemento económico non ten sentido sen desenvolvemento social”.
Este proxecto non sería posible sen a valiosa achega de institucións públicas comprometidas, como Zona Franca, e sen o traballo de todas as persoas que forman e formaron parte da Xunta Directiva da entidade nestes anos; do plantel de profesionais que dan o mellor de si cada día; e de todas as familias que demostran que o movemento asociativo é imparable. A todos/as, GRAZAS.
