Emprego con apoio
Integración laboral das persoas con Síndrome de Down e Discapacidade Intelectual na empresa ordinaria.

Abarca todas aquelas accións, por parte do equipo profesional, para que as persoas con Síndrome de Down e Discapacidade Intelectual poidan acceder, manterse e relacionarse, na empresa ordinaria, tanto no traballo como fose do mesmo, adaptando ou realizando o adestramento necesario no mesmo lugar de traballo, tanto nos aspectos técnicos como de relacións laborais.
Na actualidade contamos con 55 persoas coa Síndrome de Down e Discapacidade Intelectual, traballando en empresas ordinarias da cidade de Vigo e o seu entorno.