Actualidad

PortAmérica, unha oportunidade laboral para Dani

  • Durante o festival, traballou no departamento de Hospitalidade do festival

PortAmérica 2026 foi unha experiencia inesquecible para Down Vigo, non só por formar parte da programación cultural coa representación de «A maxia dá cor». Mentres os seus compañeiros/as de Musicoterapia representaban o seu número escenográfico musical, Dani traballaba no departamento de Hospitalidade, grazas á oportunidade laboral que lle brindou Esmerarte Industrias creativas.

Sumouse así ás tres persoas de Down Pontevedra Xuntos que formaron parte do equipo de organización do festival, desempeñando diferentes postos de traballo durante todo o evento. No caso de Dani, encargábase de preparar a comida e bebida para as persoas que actuaban, deixando todo disposto nos camerinos. De todas estas tarefas, o que máis lle gustaba era “poñer máis cousas de bebidas, e cortar tortillas e empanadas”.

A súa experiencia foi moi positiva, mostrándose “moi contento” por poder traballar. Destaca especialmente a súa relación co resto do equipo: “estou contento cos meus compañeiros”. Esta oportunidade permitiralle a Dani seguir mellorando para conseguir un posto de traballo estable, que lle permita alcanzar as súas metas de vida autónoma e independente: “quero casarme e ir de vacacións a sitios bonitos, con praia e piscina”.

Down Vigo representou «A maxia da cor» en PortAmérica

Alén de formar parte do persoal de traballadores, Down Vigo tamén formou parte da programación de PortAmérica coa representación de «A maxia dá cor». A actuación, incluída na programación do escenario Azucreira, celebrou a multitude de formas de percibir o mundo a través da música, a danza e o teatro, converténdose nunha mostra de creatividade, talento e inclusión.

PortAmérica, que é unha das grandes citas musicais do verán en Galicia, volveu converterse nun espazo para a inclusión. A participación de Down Pontevedra Xuntos e Down Vigo en distintos espazos do festival permitiu dar visibilidade ao talento, a capacidade e a participación activa das persoas con síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais.

Dende Down Vigo agradecemos a Esmerarte Industrias Creativas o seu compromiso coa inclusión laboral, a cultura inclusiva e co acceso ao lecer das persoas con discapacidade, facendo posible que, edición tras edición, o Festival PortAmérica sexa tamén un exemplo de participación en igualdade cun firme compromiso coa accesibilidade, a inclusión e a diversidade.

Suscríbete ao noso boletín de noticias

Se queres estar ao día das nosas actividades e noticias, subscríbeche ao noso boletín electrónico mensual. Para iso, só tes que facilitarnos a túa dirección de correo-e. Poderás darche de baixa cando queiras enviando un correo-e a downvigo@downvigo.org ou a través do formulario de contacto

    “Responsable de tratamiento: Sus datos serán tratados por DOWN VIGO: ASOCIACION PARA EL SINDROME DE DOWN con domicilio social en Rúa Portela, 48 Baixo, 36214 - Vigo (Pontevedra). Finalidad y legitimación: Sus datos serán tratados para poder enviar comunicaciones (boletines de publicidad, newsletter y envío de contenido promocional), con base legal en el consentimiento expreso. Cesiones: no serán cedidos a terceros salvo obligación legal. Plazo: Sus datos serán tratados el tiempo estrictamente necesario para el cumplimiento de la finalidad o finalidades concretas que motivaron su recogida o, en todo caso, hasta que sean cancelados en respuesta al ejercicio por parte de su titular de los derechos correspondientes. Derechos: Le informamos que puede ejercer sus derechos de acceso, rectificación, cancelación y oposición al tratamiento de sus datos a través de este formulario de contacto o dirigiéndose a la siguiente dirección de correo electrónico: downvigo@downvigo.org, o también por escrito, adjuntando una copia de un documento acreditativo de su identidad a la dirección: Rúa Portela, 48 Baixo, 36214 - Vigo (Pontevedra) Información adicional: Puede consultar la información adicional y detallada sobre Protección de datos en nuestra política de privacidad"
    This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.