Actualidad

Participamos no II Encontro Nacional de Profesionais e Representantes

  • A entidade contou coa representación de Inma Miguélez, da Rede Nacional de Vida Independente, e Sara Abalde, da Rede Nacional de Emprego con Apoio, xunto ás profesionais de referencia das áreas
  • Máis de 160 persoas -representantes, técnicos, xerentes e directores– de asociacións federadas de toda España reuníronse en Madrid para poñer as súas experiencias en común

Esta fin de semana tivo lugar o II Encontro Nacional de Profesionais de DOWN ESPAÑA, ao que tamén asistiu Down Vigo. Inma Miguélez, da Rede Nacional de Vida Independente, e Sara Abalde, da Rede Nacional de Emprego con Apoio, viaxaron ata Madrid acompañadas por María Vara, responsable de Vida Independente; Eva Alonso, responsable de Emprego con Apoio; e Jana Ruiz, técnica de Emprego con Apoio. Os/as diferentes representantes das asociacións compartiron reflexións nun espazo consultivo no que puideron valorar algúns dos proxectos de DOWN ESPAÑA.

En total, máis de 160 persoas -representantes, técnicos, xerentes e directores– de asociacións federadas de toda España reuníronse para compartir experiencias e aprendizaxes das diferentes entidades. Durante dúas xornadas, cada participante puido compartir experiencias e formación sobre todos aqueles temas relevantes para as persoas con Síndrome de Down e diversidade intelectual. Tamén para o equipo de profesionais que traballan en asociacións de DOWN ESPAÑA. Educación, emprego inclusivo, atención temperá, envellecemento ou vida adulta foron algúns dos asuntos tratados polos técnicos nas sesións dun encontro único no sector.

Paralelamente, os directores e xerentes das asociacións participaron nun interesante foro sobre propostas estratéxicas e en diferentes charlas sobre márketing ou a situación do convenio laboral do sector. Para José Gutiérrez, director de Programas de DOWN ESPAÑA, “este Encontro foi un espazo totalmente colaborativo no que directores, profesionais e persoas con síndrome de Down, que actúan en representación do colectivo, traballaron xuntos para que a misión de DOWN ESPAÑA sexa unha misión compartida por todas as entidades que a compoñen».

Este II Encontro de Profesionais de DOWN ESPAÑA celebrouse grazas á colaboración de Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030, Fundación Once e NTT Data.

Suscríbete ao noso boletín de noticias

Se queres estar ao día das nosas actividades e noticias, subscríbeche ao noso boletín electrónico mensual. Para iso, só tes que facilitarnos a túa dirección de correo-e. Poderás darche de baixa cando queiras enviando un correo-e a downvigo@downvigo.org ou a través do formulario de contacto

    Responsable de tratamiento: Sus datos serán tratados por DOWN VIGO: ASOCIACION PARA EL SINDROME DE DOWN con domicilio social en Rúa Portela, 48 Baixo, 36214 - Vigo (Pontevedra). Finalidad y legitimación: Sus datos serán tratados para poder enviar comunicaciones (boletines de publicidad, newsletter y envío de contenido promocional), con base legal en el consentimiento expreso. Cesiones: no serán cedidos a terceros salvo obligación legal. Plazo: Sus datos serán tratados el tiempo estrictamente necesario para el cumplimiento de la finalidad o finalidades concretas que motivaron su recogida o, en todo caso, hasta que sean cancelados en respuesta al ejercicio por parte de su titular de los derechos correspondientes. Derechos: Le informamos que puede ejercer sus derechos de acceso, rectificación, cancelación y oposición al tratamiento de sus datos a través de este formulario de contacto o dirigiéndose a la siguiente dirección de correo electrónico: downvigo@downvigo.org, o también por escrito, adjuntando una copia de un documento acreditativo de su identidad a la dirección: Rúa Portela, 48 Baixo, 36214 - Vigo (Pontevedra) Información adicional: Puede consultar la información adicional y detallada sobre Protección de datos en nuestra política de privacidad"
    This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.