Actualidad

Participamos no Encontro de persoas mozas e adultas de Down Galicia

Un centenar de persoas con e sen discapacidadr vinculadas a entidades Down de toda Galicia disfrutaron esta fin de semana de dous días de ocio e diversión no Encontro de persoas mozas e adultas 2024, organizado pola Federación Down Galicia.

Esta xornada, celebrada na cidade de Lugo, tivo como obxectivo principal proporcionar un lugar de encontro a persoas maiores de idade de toda a comunidade autónoma no que poder ampliar o seu círculo de relacións, crear nuevos lazos de amizade e poñer en común inquietudes, preocupacións, soños e logros nun contexto de convivencia totalmente inclusivo.

Un programa cheo de ocio e diversión

Para a programación deste encontro, Down Galicia tivo en conta as opinións e suxestións das persoas participantes no mesmo, creando un programa acorde aos seus gustos e preferencias. Deste xeito, tras unha sondaxe previa, acordouse que a xornada tivese lugar na cidade de Lugo e que o lecer e o tempo libre fosen prioritarios. Así, durante a mañá do sábado, as persoas participantes foron chegando á cidade amurallada para empezar a compartir tempo con mozos doutras cidades galegas, paseando e gozando ata a hora do comer. Tras a comida nun coñecido restaurante da cidade, as persoas participantes dividíronse en grupos para realizar unha yincana polo centro histórico de Lugo, coa que coñecer mellor a historia da localidade e continuar relacionándose entre si. Unha vez finalizadas as visitas, o grupo gozou de tempo libre ata a cea-baile, que se alongou ata ben entrada a madrugada. Unha vez finalizada, os e as máis fiesteras decidiron continuar coa diversión nos locais da cidade, bailando e cantando ata que o corpo aguantou. Na mañá do domingo, realizouse un roteiro pola muralla de Lugo, desde onde as persoas participantes puideron observar con máis perspectiva os puntos visitados o día anterior, así como contemplar varios murais artísticos representativos da cultura romana e castrexa. Tras este paseo, o encontro finalizou cunha comida onde as sensacións non podían ser máis positivas. Adxectivos como “espectacular” e “xenial” non deixaban de escoitarse entre as persoas participantes, que comentaban cos seus compañeiros e compañeiras que esperaban poder “repetir canto antes” porque fora “unha #fin# de semana moi divertida”.

A importancia da inclusión social

A inclusión na sociedade é un dereito fundamental para calquera persoa. Participar dos recursos e das actividades que ofrece a comunidade é un dos piares crave para a consecución da inclusión das persoas con síndrome de Down ou outra discapacidade intelectual. O desenvolvemento da autonomía persoal e social é importante para calquera ser humano e constitúe un dos puntos fortes para o seu proceso de desenvolvemento e para a súa maduración. Desde o Movemento Down en Galicia entendemos que as persoas con síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais poden vivir dunha maneira autónoma e independente, gozando dos recursos e actividades que ofrece a comunidade para unha inclusión sen barreiras e en igualdade de condicións que o resto da poboación. A realización de o Encontro de pesonas novos e adultas 2024 é posible grazas á achega económica da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia a través das subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7% do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF).

Suscríbete ao noso boletín de noticias

Se queres estar ao día das nosas actividades e noticias, subscríbeche ao noso boletín electrónico mensual. Para iso, só tes que facilitarnos a túa dirección de correo-e. Poderás darche de baixa cando queiras enviando un correo-e a downvigo@downvigo.org ou a través do formulario de contacto

    Responsable de tratamento: Os seus datos serán tratados por DOWN VIGO: ASOCIACIÓN PARA O SÍNDROME DE DOWN con domicilio social en Rúa Portela, 48 Baixo, 36214 - Vigo (Pontevedra). Finalidade e lexitimación: Os seus datos serán tratados para poder enviar comunicacións (boletíns de publicidade, newsletter e envío de contido promocional), con base legal no consentimento expreso. Cesións: non serán cedidos a terceiros salvo obrigación legal. Prazo: Os seus datos serán tratados o tempo estritamente necesario para o cumprimento da finalidade ou finalidades concretas que motivaron a súa recollida ou, en todo caso, ata que sexan cancelados en resposta ao exercicio por parte do seu titular dos dereitos correspondentes. Dereitos: Informámoslle que pode exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ao tratamento dos seus datos a través deste formulario de contacto ou dirixíndose á seguinte dirección de correo electrónico: downvigo@downvigo.org, ou tamén por escrito, anexando unha copia dun documento acreditativo da súa identidade á dirección: Rúa Portela, 48 Baixo, 36214 - Vigo (Pontevedra) Información adicional: Información adicional: Pode consultar a información adicional e detallada sobre Protección de datos na nosa política de privacidade"
    This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.