Actualidad

O proxecto de divulgación ‘CIMAR: Ciencia mariña cos cinco sentidos’ visitará a entidade

  • Na presentación, á que asistiron todas as entidades sociais participantes, DOWN Vigo estivo representada por Antía Vaamonde, responsable do servizo de Formación
  • Victoria Besada, responsable do proxecto, destacou que “modificamos o formato habitual dos talleres para adaptalos ás necesidades das persoas participantes, desenvolvendo materiais específicos”

O Centro Oceanográfico de Vigo do Instituto Español de Oceanografía (IEO, CSIC) presentou o proxecto ‘CIMAR: Ciencia mariña cos cinco sentidos’, que nace co obxectivo de achegar a ciencia a colectivos con algunha diversidade, tanto física como intelectual ou sensorial. Cunha perspectiva inclusiva, irán expoñendo a actividade investigadora e de asesoramento que realiza o CISC en diferentes entidades: DOWN Vigo, ASPANAEX, Doral Residencias, ONCE e San Rafael.

O proxecto foi presentado na sede da ONCE en Vigo pola directora do Centro Oceanográfico de Vigo, Rosa Figueroa. Ao acto tamén asistiron a responsable do proxecto, Victoria Besada, así como representantes das asociacións participantes: Maruxa Campos e Ana Martínez (ASPANAEX); Montserrat Groba (Doral Residencias); Lorena Fernández ( ONCE); e Sara Lorenzo (San Rafael). DOWN Vigo estivo representada por Antía Vaamonde, responsable do servizo de Formación. Rosa Figueroa sinalou que “o Centro Oceanográfico de Vigo leva moitos anos traballando en achegar o seu labor e resultados á sociedade a través de foros e actividades divulgativas de todo tipo. O proxecto CIMAR divulgará a ciencia mariña a través dunha comunicación integral que permita achegala a persoas con discapacidade, un traballo que se realizará a través dunha estreita colaboración con asociacións especializadas no apoio a estas persoas. Con CIMAR, o Centro Oceanográfico de Vigo avanza e consolida o seu traballo previo no ámbito da divulgación inclusiva”. Pola súa banda, Victoria Besada destacou que “se modificou o formato habitual dos talleres científicos para poder adaptalos ás necesidades dos participantes, desenvolvendo materiais específicos que resulten funcionais e atractivos á vez”. No marco do proxecto persoal investigador e técnico do IEO, levarán a cabo talleres científicos nas sedes das cinco asociacións que participan no mesmo. Neles mostrarase o labor investigador e de asesoramento científico da institución na explotación sostible dos recursos mariños, o desenvolvemento dunha acuicultura responsable e a avaliación e protección do medio mariño. Dispoñerase de material adaptado, o que permitirá transmitir os coñecementos utilizando formatos adecuados ás necesidades dos diferentes colectivos, para facelos atractivos, próximos e eficaces. Coincidindo coa presentación do proxecto levaron a cabo os primeiros talleres nas instalacións da ONCE. Durante o seu desenvolvemento achegouse, de maneira amena e participativa, o día a día do Centro Oceanográfico de Vigo aos afiliados da ONCE e as súas familias. Para iso previamente a ONCE formara ao persoal científico e técnico participante na iniciativa para que puidesen adaptar os talleres que realizan ás necesidades deste colectivo. ‘CIMAR: Ciencia mariña cos cinco sentidos’ É un proxecto do Instituto Español de Oceanografía coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía – Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades e desenvolverase coa cooperación, o asesoramento e a participación de ASPANAEX, Doral Residencias, Down Vigo, ONCE e San Rafael, así como co asesoramento da oficina de ciencia inclusiva do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC).

Suscríbete ao noso boletín de noticias

Se queres estar ao día das nosas actividades e noticias, subscríbeche ao noso boletín electrónico mensual. Para iso, só tes que facilitarnos a túa dirección de correo-e. Poderás darche de baixa cando queiras enviando un correo-e a downvigo@downvigo.org ou a través do formulario de contacto

    Responsable de tratamiento: Sus datos serán tratados por DOWN VIGO: ASOCIACION PARA EL SINDROME DE DOWN con domicilio social en Rúa Portela, 48 Baixo, 36214 - Vigo (Pontevedra). Finalidad y legitimación: Sus datos serán tratados para poder enviar comunicaciones (boletines de publicidad, newsletter y envío de contenido promocional), con base legal en el consentimiento expreso. Cesiones: no serán cedidos a terceros salvo obligación legal. Plazo: Sus datos serán tratados el tiempo estrictamente necesario para el cumplimiento de la finalidad o finalidades concretas que motivaron su recogida o, en todo caso, hasta que sean cancelados en respuesta al ejercicio por parte de su titular de los derechos correspondientes. Derechos: Le informamos que puede ejercer sus derechos de acceso, rectificación, cancelación y oposición al tratamiento de sus datos a través de este formulario de contacto o dirigiéndose a la siguiente dirección de correo electrónico: downvigo@downvigo.org, o también por escrito, adjuntando una copia de un documento acreditativo de su identidad a la dirección: Rúa Portela, 48 Baixo, 36214 - Vigo (Pontevedra) Información adicional: Puede consultar la información adicional y detallada sobre Protección de datos en nuestra política de privacidad"
    This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.