Actualidad

O grupo de Habilidades Adaptativas visita a Residencia 3ª Edad Moledo

  • Trátase dun encontro pensado para desfrutar e compartir experiencias
  • Por parte da entidade, asistiu persoal das áreas de Formación e Psicolóxica

A área Psicolóxica de Down Vigo organizou recentemente un encontro entre o grupo de Habilidades Adaptativas, de Formación, e os residentes da Residencia 3ª Idade Moledo. Recibir a súa invitación para merendar e pasar a tarde foi unha gran noticia, recibida con alegría e cariño por todo o grupo. Así, en canto puidemos organizamos a visita.

As técnicas de Formación Leticia Torres e Estefanía Hermida, xunto á responsable de Psicolóxica, Betina Martínez, desprazáronse co grupo á residencia, situada na Estrada Vella-Madrid, en Vigo. A actividade consistiu en compartir un encontro entre as persoas usuarias de ambos os centros, charlando e merendando. O xeado foi un éxito!

O obxectivo da actividade dobre. Por unha banda, xerar rede para coñecer recursos comunitarios e á súa vez darnos a coñecer como recurso comunitario. Doutra banda, ofrecer ás persoas que asisten á entidade espazos onde se sentan a gusto e incluídos. Así mesmo, estas actividades tamén serven para ampliar a mirada tanto da cidadanía como dos/as diferentes profesionais do sector.

Agradecemos á Residencia 3ª Idade Moledo a oportunidade de ensinarnos e permitirnos ensinar as diferentes realidades das persoas que se atopan en proceso de envellecemento. Nun momento vital tan fráxil, a empatía é fundamental.

Suscríbete ao noso boletín de noticias

Se queres estar ao día das nosas actividades e noticias, subscríbeche ao noso boletín electrónico mensual. Para iso, só tes que facilitarnos a túa dirección de correo-e. Poderás darche de baixa cando queiras enviando un correo-e a downvigo@downvigo.org ou a través do formulario de contacto

    “Responsable de tratamiento: Sus datos serán tratados por DOWN VIGO: ASOCIACION PARA EL SINDROME DE DOWN con domicilio social en Rúa Portela, 48 Baixo, 36214 - Vigo (Pontevedra). Finalidad y legitimación: Sus datos serán tratados para poder enviar comunicaciones (boletines de publicidad, newsletter y envío de contenido promocional), con base legal en el consentimiento expreso. Cesiones: no serán cedidos a terceros salvo obligación legal. Plazo: Sus datos serán tratados el tiempo estrictamente necesario para el cumplimiento de la finalidad o finalidades concretas que motivaron su recogida o, en todo caso, hasta que sean cancelados en respuesta al ejercicio por parte de su titular de los derechos correspondientes. Derechos: Le informamos que puede ejercer sus derechos de acceso, rectificación, cancelación y oposición al tratamiento de sus datos a través de este formulario de contacto o dirigiéndose a la siguiente dirección de correo electrónico: downvigo@downvigo.org, o también por escrito, adjuntando una copia de un documento acreditativo de su identidad a la dirección: Rúa Portela, 48 Baixo, 36214 - Vigo (Pontevedra) Información adicional: Puede consultar la información adicional y detallada sobre Protección de datos en nuestra política de privacidad"
    This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.