Actualidad

O Encontro autonómico de familias e profesionais do Movemento Down en Galicia reúne a máis de 250 persoas na cidade de Vigo

  • A cita ofreceu ás persoas participantes un lugar de aprendizaxe e intercambio de ideas, experiencias e coñecementos
  • Autoridades locais e autonómicas participaron nas diferentes actividades do Encontro
  • A xornada combinou no seu programa relatorios divulgativos, actividades para o público infantil, unha visita turística pola cidade e unha gran actividade lúdica grupal

O intercambio de experiencias e o desfrute dunha xornada distendida foron os eixos centrais do Encontro de Familias do Movemento Down Galicia 2024, celebrado hoxe na cidade de Vigo.

Exif_JPEG_420

Este encontro autonómico, ao que asistiron máis de 250 persoas, tivo por obxectivo principal proporcionar un espazo de encontro no que as persoas participantes puidesen compartir experiencias e coñecementos relacionados coa síndrome de Down e a discapacidade intelectual, así como desfrutar de tempo de ocio con persoas vencelladas ás entidades Down de Galicia.

A xornada deu comezo con diferentes actividades para os distintos grupos de persoas participantes. Así, as e os máis pequenos desfrutaron de multitude de actividades lúdicas, coas que pasaron unha mañá entretida e divertida.

Por outra banda, moitas das persoas usuarias maiores de 15 anos das distintas entidades Down de Galicia, puideron coñecer a historia da cidade olívica en profundidade grazas a unha visita guiada en autobús. O percorrido deu comezo en Samil e continuou pola zona portuaria e Praza América ata chegar a Castrelos, onde fixeron a primeira parada da mañá para coñecer máis sobre Vigo. A seguinte parada foi no Castro, para despois baixar pola Gran Vía de volta a Samil.

Paralelamente, familiares e profesionais vencellados ao Movemento Down de Galicia, así como persoas usuarias que escolleron esta opción, asistiron a algún dos dous relatorios organizados para este Encontro no Museo Verbum. O primeiro deles, titulado “A importancia da autonomía ao longo a vida”, estivo dirixido polo psicólogo e xerontólogo Gonzalo Berzosa, un dos maiores expertos neste tema no noso país. Durante a súa intervención, Berzosa destacou a relación directa entre a vida autónoma, o benestar persoal e a inclusión social para as persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais.

Por outra banda, Raquel Doval, psicóloga e psicoterapeuta, centrou a súa intervención na “Sexualidade e vida independente”, unha formación moi demandada por moitas das familias que forman parte da Federación Down Galicia. Doval resaltou a importancia de educar en sexualidade, previndo e acompañando no desenvolvemento dunha sexualidade sa e respectada.

Un programa para todos os gustos

Trala xornada matutina, as persoas participantes reuníronse no Hotel Attica 21 Vigo Business&Wellness, onde se levou a cabo a inauguración oficial do Encontro da man de Delmiro Prieto, presidente de Down Galicia, que aproveitou a súa intervención para valorar positivamente este evento e para agradecer a asistencia de todas as persoas presentes. O evento continuou cun xantar de confraternización no que as persoas asistentes puideron compartir ideas e vivencias con outras familias e profesionais participantes no Encontro.

Ao remate desta comida, desfrutaron dunha actividade grupal sorpresa, guiada polo mestre de cerimonias Carlos Veleiro, un polifacético actor e cómico que conseguiu arrancar os sorrisos do público presente.

Así, durante a sobremesa, vivíronse momentos máxicos da man de Lola Menta, un mago vigués que captou toda a atención das persoas asistentes cos seus magníficos trucos durante máis dunha hora.

E a xornada pechou coa actuación musical de Noemí Fernández, artista galega que vén de participar nun recoñecido programa televisivo e que logrou poñer en pé ás máis de 250 persoas alí reunidas coa súa impoñente voz e posta en escena.

No transcurso do Encontro, contouse coa participación do Secretario Territorial da Xunta en Vigo, Fernando González Abeijón, e coa visita da Directora Xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón Fernández; da Directora Territorial de Política Social e Igualdade de Vigo, Ángeles Rouco Fernández; e da concelleira de Turismo e Xuventude do Concello de Vigo, María Lago, que quixeron compartir tempo coas familias presentes e desfrutar dun momento agradable xunto a elas.

A realización do Encontro Autonómico de Familias do Movemento Down Galicia é posible grazas á achega da Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia a través das subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7% do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF).

Suscríbete ao noso boletín de noticias

Se queres estar ao día das nosas actividades e noticias, subscríbeche ao noso boletín electrónico mensual. Para iso, só tes que facilitarnos a túa dirección de correo-e. Poderás darche de baixa cando queiras enviando un correo-e a downvigo@downvigo.org ou a través do formulario de contacto

    Responsable de tratamiento: Sus datos serán tratados por DOWN VIGO: ASOCIACION PARA EL SINDROME DE DOWN con domicilio social en Rúa Portela, 48 Baixo, 36214 - Vigo (Pontevedra). Finalidad y legitimación: Sus datos serán tratados para poder enviar comunicaciones (boletines de publicidad, newsletter y envío de contenido promocional), con base legal en el consentimiento expreso. Cesiones: no serán cedidos a terceros salvo obligación legal. Plazo: Sus datos serán tratados el tiempo estrictamente necesario para el cumplimiento de la finalidad o finalidades concretas que motivaron su recogida o, en todo caso, hasta que sean cancelados en respuesta al ejercicio por parte de su titular de los derechos correspondientes. Derechos: Le informamos que puede ejercer sus derechos de acceso, rectificación, cancelación y oposición al tratamiento de sus datos a través de este formulario de contacto o dirigiéndose a la siguiente dirección de correo electrónico: downvigo@downvigo.org, o también por escrito, adjuntando una copia de un documento acreditativo de su identidad a la dirección: Rúa Portela, 48 Baixo, 36214 - Vigo (Pontevedra) Información adicional: Puede consultar la información adicional y detallada sobre Protección de datos en nuestra política de privacidad"
    This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.