O Concello de Vigo concede a DOWN Vigo unha axuda na liña de Fomento do Emprego para novas contratacións ou transformacións
- A través da Concellaría de Emprego – Fomento do Emprego de entidades sen ánimo de lucro 2026
- Cun importe de 35.000 euros

O Concello de Vigo, a través da Concellaría de Emprego – Fomento do emprego de entidades sen ánimo de lucro 2026, concede a DOWN Vigo un importe de 35.000 euros na liña de Fomento do emprego para novas contratacións ou transformacións para o proxecto“Contratación persoal para limpeza dás instalacións e persoal para desenvolvemento dá linguaxe dás persoas coa Síndrome de Down e discapacidade intelectual”.
Este proxecto desenvólvese durante o período comprendido entre o 28 de outubro de 2025 e o 31 de xullo de 2026, con data de resolución 30 de setembro de 2026.
O importe da axuda concedida representa o 100% do orzamento total solicitado e destínase a subvencionar parcialmente a contratación indefinida dunha persoa con discapacidade intelectual para a área de limpeza das instalacións da Entidade en rúa Real 27 (Vigo), debido ao aumento de espazos para limpar; contratación dunha persoa para a área de Logopedia para cubrir unha baixa de maternidade, xunto con lactación, as vacacións e que deste xeito non se vexa minguada a atención ás persoas con Síndrome de Down e discapacidade intelectual; o 15% dos gastos de dirección durante 9 meses dentro do período do proxecto; e os 15% gastos de administración durante 9 meses dentro do período do proxecto.
