A Diputación de Pontevedra cofinancia a Down Vigo para os gastos do proxecto “Sinais para a vida: apoios visuies para persoas coa Síndrome de Down e discapacidade intelectual”
- Cunha axuda económica por importe de 2.048,28 euros para os gastos do proxecto

Con data 21 de noviembre de 2025, a Diputación de Pontevedra acordou a concesión das subvencións dirixidas a entidades sen fins de lucro para a promoción da accesibilidade universal, a través do programa “PROVINCIA + INCLUSIVA” 2025.
Grazas a esta convocatoria, a entidade é cofinanciada coa axuda económica por importe de 2.048,28 euros para os gastos do proxecto “Sinais para a vida: apoios visuais para persoas coa Síndrome de Down e discapacidade intelectual”, durante o periodo comprendido entre o 1 de xaneiro de 2025 e o 31 de marzo de 2025.
O proxecto busca adaptar o espazo físico da nova sede da rúa Real 27 de Down Vigo: Asociación para a Síndrome de Down ás necesidades cognitivas e físicas non só dos seus asociados e asociadas, persoas coa Síndrome de Down ou diversidade intelectual en xeral senón tamén de todas/os aqueles que entren nas instalacións, familias ou público en xeral.
