Como se presenta? Hai graos?
Como se presenta? Hai graos?
A Síndrome de Down non é unha enfermidade. Tampouco existen graos de Síndrome de Down, pero o efecto que a presenza desta alteración produce en cada persoa é moi variable.
As persoas con Síndrome de Down mostran algunhas características comúns pero cada individuo é singular, cunha aparencia, personalidade e habilidades únicas. Os bebés con Síndrome de Down terán moitos trazos físicos propios da súa familia, ademais dos característicos das persoas con Síndrome de Down e algún grao de discapacidade intelectual. A súa personalidade, afeccións, ilusións e proxectos serán os que verdadeiramente lles definan como persoas e a súa discapacidade será só unha característica máis da súa persoa.