Actualidad

Familias, profesionais e representantes de empresas presentes na reunión anual do servizo de Emprego

  • Entre as empresas participantes estivo Amazon, que da man de Christianne Ester, Responsable de Diversidade, Inclusión e Equidade de Amazon España, explicou as iniciativas e desafíos en canto a inclusión laboral
  • David Regades, Delegado Especial do Estado no Consorcio da Zona Franca de Vigo, exerceu de perfecto anfitrión dando a benvida ao público asistente


O Servizo de Emprego da entidade reuniu o pasado xoves 12 de decembro a familias, profesionais e representantes de empresas nas instalacións do Consorcio Zona Franca de Vigo. O obxectivo era compartir experiencias e facer balance dun ano intenso que deixa un bo sabor de boca: 76 persoas do servizo están actualmente contratadas en empresa ordinaria, 71 de forma indefinida.

O acto comezou coa intervención de David Regades, que puxo de manifesto a súa especial ilusión no proxecto da nova sede que a entidade terá na c/Real, 27 (Vigo). Reafirmou, ademais, o seu compromiso coa inclusión laboral das persoas con algún tipo de diversidade. Compromiso que, segundo adiantou, materializarase cunha próxima Oferta de Emprego Público da institución que representa.

Tras esta primeira intervención, o presidente de Down Vigo, José Manuel García Orois, destacou a valía que demostran as persoas con Síndrome de Down e diversidade intelectual cada día nos seus postos de traballo, así como a valentía que en ocasións teñen que demostrar para derrubar prexuízos e ideas preconcibidas na contorna sociolaboral. Isabel Sierra, prospectora laboral, foi a encargada de detallar o balance de 2024: seis novas empresas colaboradoras; dezaseis novos contratos; tres prórrogas e unha conversión de contrato temporal en indefinido. En total, 76 persoas do servizo de Emprego con Apoio están contratadas en diferentes empresas ordinarias. Delas, 71 son indefinidas. Sen dúbida, son datos satisfactorios que esperamos mellorar en 2025.
Christianne Ester, responsable de Diversidade, Inclusión e Equidade de Amazon-España, relatou a súa visión sobre a política da empresa en canto á inclusión laboral, entrevistada por Jana Ruiz, técnica de Emprego con Apoio. Xunto a Eva Alonso, responsable do servizo de Emprego, Christianne trasladou os desafíos aos que se enfronta unha gran empresa á hora de incorporar ao seu persoal a persoas con diversidade e os retos empresariais presentes e futuros.

A conclusión do encontro chegou cun emotivo vídeo onde as persoas que asisten ao servizo de Emprego con Apoio reflexionan, xunto ao equipo de profesionais, acerca dos desafíos que fomos afrontando entre todos/as ao longo dos anos.

Suscríbete ao noso boletín de noticias

Se queres estar ao día das nosas actividades e noticias, subscríbeche ao noso boletín electrónico mensual. Para iso, só tes que facilitarnos a túa dirección de correo-e. Poderás darche de baixa cando queiras enviando un correo-e a downvigo@downvigo.org ou a través do formulario de contacto

    Responsable de tratamiento: Sus datos serán tratados por DOWN VIGO: ASOCIACION PARA EL SINDROME DE DOWN con domicilio social en Rúa Portela, 48 Baixo, 36214 - Vigo (Pontevedra). Finalidad y legitimación: Sus datos serán tratados para poder enviar comunicaciones (boletines de publicidad, newsletter y envío de contenido promocional), con base legal en el consentimiento expreso. Cesiones: no serán cedidos a terceros salvo obligación legal. Plazo: Sus datos serán tratados el tiempo estrictamente necesario para el cumplimiento de la finalidad o finalidades concretas que motivaron su recogida o, en todo caso, hasta que sean cancelados en respuesta al ejercicio por parte de su titular de los derechos correspondientes. Derechos: Le informamos que puede ejercer sus derechos de acceso, rectificación, cancelación y oposición al tratamiento de sus datos a través de este formulario de contacto o dirigiéndose a la siguiente dirección de correo electrónico: downvigo@downvigo.org, o también por escrito, adjuntando una copia de un documento acreditativo de su identidad a la dirección: Rúa Portela, 48 Baixo, 36214 - Vigo (Pontevedra) Información adicional: Puede consultar la información adicional y detallada sobre Protección de datos en nuestra política de privacidad"
    This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.