Actualidad

Estrenamos a obra “A Maxia da Cor”

  • A cita é o xoves 30 de abril ás 20:00 horas no Auditorio do Concello de Vigo
  • As entradas xa están disponibles en Recepción

O vindeiro xoves 30 de abril, ás 20.00 horas, os grupos que asisten ao servizo de Musicoterapia da entidade subiranse por terceira vez ao escenario dirixidos polo técnico de Inclusión Educativa Erick Alexander Corrente. A cita será no Auditorio municipal do Concello de Vigo e promete encher de cor ao público.


Para asistir será imprescindible adquirir unha das entradas que xa están dispoñibles na sede de Down Vigo (Rúa Real, 47), en horario de mañá e tarde (de 09:00h a 19:00h). A capacidade do auditorio é limitado, polo que en caso de non ter entrada non se poderá acceder.

A MAXIA: PROXECTO PROTEUS

O evento escenográfico e musical que dá sentido a ‘A Maxia’ prepárase durante meses. As persoas participantes, alumnado e técnicos da entidade, achegan moitísimo esforzo e cariño para ensinar a familiares e coñecidos/as que a cor está nas pequenas cousas que compartimos xuntos/as.

En 2023, A Maxia das Emocións marcou un antes e un despois na vida da entidade. As artes, as sensacións e os sons convertéronse nunha canle de expresión. De inquietudes, de momentos vitais e de compañeirismo. O resultado foi un auditorio rendido ao talento dos mozos e mozas que participaron na obra, e ao traballo de todo o persoal de profesionais. O resultado foi un evento escenográfico musical que axuntou ténica e cariño.

En 2024 quixemos máis. E chegou A Maxia da Vida para sacudir os corazóns. A todo o talento artístico engadímoslle máis: os nosos ideais. Para converter as artes escénicas nun trampolín de traballo e talento. Para que todo o público comprobase a profesionalidade e o pensamento crítico das persoas con Síndrome de Down e diversidade intelectual.


En 2026, damos un paso máis. Porque temos moito máis que dar. Vémonos o 30 de abril no auditorio do Cocnello de Vigo (Praza do Rei, S/N), ás 20.00 horas.

Suscríbete ao noso boletín de noticias

Se queres estar ao día das nosas actividades e noticias, subscríbeche ao noso boletín electrónico mensual. Para iso, só tes que facilitarnos a túa dirección de correo-e. Poderás darche de baixa cando queiras enviando un correo-e a downvigo@downvigo.org ou a través do formulario de contacto

    Responsable de tratamiento: Sus datos serán tratados por DOWN VIGO: ASOCIACION PARA EL SINDROME DE DOWN con domicilio social en Rúa Portela, 48 Baixo, 36214 - Vigo (Pontevedra). Finalidad y legitimación: Sus datos serán tratados para poder enviar comunicaciones (boletines de publicidad, newsletter y envío de contenido promocional), con base legal en el consentimiento expreso. Cesiones: no serán cedidos a terceros salvo obligación legal. Plazo: Sus datos serán tratados el tiempo estrictamente necesario para el cumplimiento de la finalidad o finalidades concretas que motivaron su recogida o, en todo caso, hasta que sean cancelados en respuesta al ejercicio por parte de su titular de los derechos correspondientes. Derechos: Le informamos que puede ejercer sus derechos de acceso, rectificación, cancelación y oposición al tratamiento de sus datos a través de este formulario de contacto o dirigiéndose a la siguiente dirección de correo electrónico: downvigo@downvigo.org, o también por escrito, adjuntando una copia de un documento acreditativo de su identidad a la dirección: Rúa Portela, 48 Baixo, 36214 - Vigo (Pontevedra) Información adicional: Puede consultar la información adicional y detallada sobre Protección de datos en nuestra política de privacidad"
    This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.