O alumnado do curso ‘Cook and Service’ recibe formación no posto de traballo en empresas de Vigo
Os cinco alumnos y alumnas participantes da acción formativa realizan 120 horas de formación en empresas do sector da hostelería
A acción formativa ‘Uno a Uno’ da Fundación ONCE está destinada a mellorar a empleabilidade de persoas con discapacidade

Os cinco participantes do curso ‘Cook &Service’ comezaron 120 horas de formación no posto de traballo en empresas de Vigo. Así, poden poñer en práctica nun entorno laboral real todo o aprendido nas 200 horas teóricas. O proxecto enmárcase na acción formativa ‘Uno a Uno’ da Fundación ONCE, grazas á convocatoria de axudas económicas destinadas a proxectos de reforzo da empleabilidade de persoas coa Síndrome de Down e diversidade intelectual.
As empresas que colaboran no proxecto son a cafetería do Centro Social Rivera Atienza, Grupo Zaka e mais o Hotel Eurostars. Agradecemos a todas elas a súa disposición e compromiso coa inclusión laboral de persoas con diversidade.
Esta iniciativa, destinada a aumentar a contratación de persoas con discapacidade en situación ou risco de exclusión social, atópase no marco do Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social (POISES), cofinanciada polo Fondo Social Europeo de apoio ao emprego. O obxectivo principal é reforzar a empleabilidade e mais as competencias profesionais das persoas coa Síndrome de Down e diversidade intelectual non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación ou formación.
Así, durante a formación teórico-práctica trabállanse contidos relacionados coa manipulación de alimentos a aplicación da normativa hixiénico-sanitaria; o aprovisionamento e procesamento de alimentos; a preparación de pedidos; a elaboración de productos culinarios e a atención ao cliente e preparación da sala.
A acción formativa ten unha duración de 320 horas, distribuidas en 200 horas de formación teórica e 120 horas de formación no posto de traballo.
