Actualidad

E a vida converteuse en maxia

  • As persoas da entidade representan unha obra teatro-musical con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade, que se conmemorou esta semana
  • O evento tivo lugar o xoves 05 de decembro ás 20 horas no auditorio do Concello de Vigo
  • Asistiron Abel Caballero, Alcalde de Vigo; David Regades, Delegado Especial do Estado no Consorcio da Zona Franca de Vigo; Yolanda Aguiar, concelleira da área de Goberno de Política Social e Turismo do Concello de Vigo; e Inés González, Directora Xeral de Consorcio Zona Franca de Vigo

A vida comeza cun parto. A partir de aí, sucédense os actos: un bebé, a súa nai, algún conflito adolescente, os estudos, ou as primeiras emocións incómodas. Quizá unha voda, ou quizá unha fuxida. Seguro que un traballo e unha xubilación. Finalmente, todo termina coa morte, ou non?

Con todos estes ingredientes, DOWN VIGO puxo este venres as emocións do público a flor de pel. A cita foi no auditorio do Concello de Vigo a partir das 20 horas. Durante aproximadamente unha hora e media, as case 50 persoas de todas as idades que asisten ao servizo de Musicoterapia actuaron para un público disposto a deixarse sorprender. En primeira fila, contaron coa presenza de Abel Caballero, Alcalde de Vigo; David Regades, Delegado Especial do Estado no Consorcio da Zona Franca de Vigo; Yolanda Aguiar, concelleira da área de Goberno de Política Social e Turismo do Concello de Vigo; e Inés González, Directora Xeral de Consorcio Zona Franca de Vigo.

Esta obra celebra a vida, que chega a nós con moitos altibaixos. Luces e sombras. As luces, a parte máis alegre, tenra e fermosa de vivila. As sombras, a parte máis amarga, escura e triste. Transitamos ambas. As persoas con Síndrome de Down e diversidade intelectual, tamén. Aínda que ás veces se lles negue a oportunidade. Eles e elas, desde o escenario, ensinarannos cal é A MAXIA DA VIDA. A resurrección.

Desde hai semanas, a entidade prepara este evento escenográfico no que as emocións son o fío condutor dunha secuencia de escenas protagonizadas por adultos e peques do servizo de Musicoterapia, así como por parte do equipo profesional da entidade. Durante as sesións de aula semanais, as persoas participantes deseñaron tanto o guion como a posta en escena, coordinados por Erick Alexander Corrente, técnico do servizo de Educativa. Así mesmo, contamos coa colaboración desinteresada das asociacións Asotraxe e Arroutada, e de Berto, músico. O resultado é a obra que representaron fronte a familiares, amigos/as e autoridades. GRAZAS.

Musicoterapia, que é?
A Musicoterapia consiste no uso terapéutico da música, así como todos os seus elementos, para mellorar a saúde mental e emocional das persoas. As principais técnicas que se empregan habitualmente nestas sesións son a experimentación, a composición, a recreación e a improvisación utilizando como principal canle sensorial o oído. Adaptando a intervención a cada persoa usuaria, pódense obter melloras a nivel físico, emocional e cognitivo.
A través da Musicoterapia, trabállase a disciplina; o desenvolvemento da linguaxe (foméntase a audición e a dicción); e o corpo (a través do baile). De forma transversal, axuda a estar en equilibrio coa contorna por ser unha forma de conseguir a plenitude como ser humano, por medio das artes.

Suscríbete ao noso boletín de noticias

Se queres estar ao día das nosas actividades e noticias, subscríbeche ao noso boletín electrónico mensual. Para iso, só tes que facilitarnos a túa dirección de correo-e. Poderás darche de baixa cando queiras enviando un correo-e a downvigo@downvigo.org ou a través do formulario de contacto

    Responsable de tratamiento: Sus datos serán tratados por DOWN VIGO: ASOCIACION PARA EL SINDROME DE DOWN con domicilio social en Rúa Portela, 48 Baixo, 36214 - Vigo (Pontevedra). Finalidad y legitimación: Sus datos serán tratados para poder enviar comunicaciones (boletines de publicidad, newsletter y envío de contenido promocional), con base legal en el consentimiento expreso. Cesiones: no serán cedidos a terceros salvo obligación legal. Plazo: Sus datos serán tratados el tiempo estrictamente necesario para el cumplimiento de la finalidad o finalidades concretas que motivaron su recogida o, en todo caso, hasta que sean cancelados en respuesta al ejercicio por parte de su titular de los derechos correspondientes. Derechos: Le informamos que puede ejercer sus derechos de acceso, rectificación, cancelación y oposición al tratamiento de sus datos a través de este formulario de contacto o dirigiéndose a la siguiente dirección de correo electrónico: downvigo@downvigo.org, o también por escrito, adjuntando una copia de un documento acreditativo de su identidad a la dirección: Rúa Portela, 48 Baixo, 36214 - Vigo (Pontevedra) Información adicional: Puede consultar la información adicional y detallada sobre Protección de datos en nuestra política de privacidad"
    This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.