Down Vigo únese a mares Circulares por terceiro ano para realizar un voluntariado de limpeza no Río Lagares
- A xornada foi posible grazas á colaboración de 71 voluntarios do Concello de Vigo, Fundación Celta, centro Juan María de Nigrán e Down Vigo
- En total conseguíronse recoller un total de 220,82 quilos de residuos.
- O programa Mares Circulares apoia desde 2018, ás investigacións científicas sobre o coidado dos mares e océanos.

Down Vigo, Fundación Celta e Coca-Cola reuniron a 71 voluntarios/as nunha xornada de recollida de residuos organizada no Río Lagares de Vigo, dentro do programa Mares Circulares, unha iniciativa que desde 2015 traballa para conseguir unha contorna mariña libre de residuos.


Esta iniciativa contou coa colaboración tamén de Celta Integra Zelnova, Celta Experience , Asociación Juan María de Nigrán e o Concello de Vigo. As persoas voluntarias recolleron un total de 220,82 quilos de residuos, que foron clasificados pola Asociación Chelonia para a súa reciclaxe. Ademais, todos os datos obtidos serán recolleitos, analizados e incorporados na base de datos do proxecto. Esta información, que se suma á monitorización en 1.163 puntos e recollida periódica desde a primeira edición en 2018, é posteriormente posta ao dispor de investigadores e científicos para o desenvolvemento de novas propostas innovadoras que teñan un impacto real na conservación das contornas mariñas.
Para Down Vigo, participar en accións de voluntariado é fundamental como vía de inclusión e compromiso social. Agradecemos enormemente a oportunidade de ser axentes activos na sociedade a través de accións como Mares Circulares. As persoas con Síndrome de Down e diversidade intelectual achegan valor engadido á sociedade, coidando o coidado da contorna como cidadáns/as comprometidos/as.

Pola súa banda, a Fundación Celta destacou que a colaboración entre entidades e a implicación da cidadanía son esenciais para avanzar cara a contornas máis sostibles e responsables. Desde o noso labor social entendemos o fútbol non só como un deporte, senón como un motor de transformación capaz de xerar hábitos positivos, tamén no ámbito medioambiental. Participar en iniciativas como esta recollida de residuos permítenos reforzar valores fundamentais como o respecto, a responsabilidade e o compromiso coa nosa contorna.
Gema Domínguez, Xestora de Comunicación de Coca-Cola Europacific Partners Iberia, destacou “a colaboración e as alianzas son claves para alcanzar metas tan ambiciosas como as que impulsa Mares Circulares, orientadas a avanzar cara a unha contorna mariña libre de residuos. É imprescindible actuar para protexer estes ecosistemas e sensibilizar sobre a posta en marcha de iniciativas que impulsen a economía circular.
Desde o seu lanzamento en 2018, Mares Circulares consolidou un percorrido que integra coñecemento, actuación e corresponsabilidade cidadá na rexión: 2.798 voluntarios participaron en 60 actuacións en praias e en 10 intervencións en espazos naturais protexidos, retirando 56,41 toneladas de residuos. No conxunto de España, Mares Circulares realizou 139 intervencións en praias e contornas acuáticas en España durante 2025, coa mobilización de 7.064 persoas voluntarias e a retirada de 350 toneladas de residuos. Ademais, leváronse a cabo 7 intervencións en espazos naturais protexidos e 7.230 persoas participaron en accións de formación e sensibilización orientadas a acelerar a transición cara á economía circular.
