Actualidad

DOWN Vigo representa a obra de teatro musical ‘A maxia da cor’

  • Por terceira vez, as persoas que asisten á entidade subíronse a un escenario para representar un evento escenográfico musical
  • A obra tivo lugar o xoves 30 de abril ás 20 horas no auditorio do Concello de Vigo
  • Os actores e actrices contaron coa visita de Elena Espinosa, terceira tenente de alcalde do Concello de Vigo, que desexou sorte ós protagonistas nos momentos previos á estrea

A sinestesia é un fenómeno neurolóxico e perceptivo que fai que dous sentidos se entremezclen. Deste xeito, as persoas poden escoitar cores ou ver sons. Con esta premisa, DOWN VIGO puxo este xoves as emocións do público a flor de pel. A cita foi no auditorio do Concello de Vigo a partir das 20 horas. Durante aproximadamente unha hora e media, as case 50 persoas de todas as idades que asisten ao servizo de Musicoterapia actuaron para un público disposto a deixarse sorprender. Conocedora da importancia que o evento tiña para todas as persoas participantes, Elena Espinosa, terceira tenente de alcalde de Vigo, quixo desexarlles sorte nos momentos previos a esa estrea.

Esta obra celebra as distintas formas de percibir o mundo, e abraza todas elas coa mesma intensidade. Iso é inclusión: entender que cada un temos un sentir diferente, e que cando unimos os puntos de vista de todos/as, o resultado é abraiante: A MAXIA DA COR.

Desde hai meses, a entidade prepara este evento escenográfico no que as emocións son o fío condutor dunha secuencia de escenas protagonizadas por adultos e mais a cativada do servizo de Musicoterapia, así como por parte do equipo profesional da entidade.  Para desenvolver a obra, contamos co apoio da escola de baile DA Vigo e do fotógrafo Javier Lago. Esta obra é a terceira representación de DOWN VIGO, tras ‘A Maxia das Emocións’ en 2023 e ‘A maxia da Vida’ en 2024.

Durante as sesións de aula semanais, as persoas participantes deseñaron tanto o guion como a posta en escena, coordinados por Erick Alexander Corrente, técnico do servizo de Educativa. O resultado é a obra que representaron fronte a familiares, amigos/as e autoridades.

Musicoterapia, que é?

A Musicoterapia consiste no uso terapéutico da música, así como todos os seus elementos, para mellorar a saúde mental e emocional das persoas. As principais técnicas que se empregan habitualmente nestas sesións son a experimentación, a composición, a recreación e a improvisación utilizando como principal canle sensorial o oído. Adaptando a intervención a cada persoa usuaria, pódense obter melloras a nivel físico, emocional e cognitivo.

A través da Musicoterapia, trabállase a disciplina; o desenvolvemento da linguaxe (foméntase a audición e a dicción); e o corpo (a través do baile). De forma transversal, axuda a estar en equilibrio coa contorna por ser unha forma de conseguir a plenitude como ser humano, por medio das artes.

Suscríbete ao noso boletín de noticias

Se queres estar ao día das nosas actividades e noticias, subscríbeche ao noso boletín electrónico mensual. Para iso, só tes que facilitarnos a túa dirección de correo-e. Poderás darche de baixa cando queiras enviando un correo-e a downvigo@downvigo.org ou a través do formulario de contacto

    Responsable de tratamiento: Sus datos serán tratados por DOWN VIGO: ASOCIACION PARA EL SINDROME DE DOWN con domicilio social en Rúa Portela, 48 Baixo, 36214 - Vigo (Pontevedra). Finalidad y legitimación: Sus datos serán tratados para poder enviar comunicaciones (boletines de publicidad, newsletter y envío de contenido promocional), con base legal en el consentimiento expreso. Cesiones: no serán cedidos a terceros salvo obligación legal. Plazo: Sus datos serán tratados el tiempo estrictamente necesario para el cumplimiento de la finalidad o finalidades concretas que motivaron su recogida o, en todo caso, hasta que sean cancelados en respuesta al ejercicio por parte de su titular de los derechos correspondientes. Derechos: Le informamos que puede ejercer sus derechos de acceso, rectificación, cancelación y oposición al tratamiento de sus datos a través de este formulario de contacto o dirigiéndose a la siguiente dirección de correo electrónico: downvigo@downvigo.org, o también por escrito, adjuntando una copia de un documento acreditativo de su identidad a la dirección: Rúa Portela, 48 Baixo, 36214 - Vigo (Pontevedra) Información adicional: Puede consultar la información adicional y detallada sobre Protección de datos en nuestra política de privacidad"
    This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.