Down Vigo recibe a subvención para a prórroga da contratación de Axentes de Emprego polas Entidades sen ánimo de lucro
- O importe, que ascende a 60.223,92 euros, servirá para cubrir o custo de dous axentes de Emprego durante 12 meses para realizar o servizo
A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais por Delegación da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, resolveu outorgar a subvención para a prórroga da contratación de Axentes de Emprego polas Entidades sen ánimo de lucro a Down Vigo.
O importe, que ascende a 60.223,92 euros, servirá para cubrir o custo de dous Axentes de Emprego durante 12 meses para realizar o servizo. A prestación da actividade terá lugar nas instalacións de Down Vigo: C/Portela, 48 baixo; e Avda. Martínez Garrido, 21 baixo, ambas en Vigo.