Actualidad

Down Vigo reafirma a continuidade dos seus servizos e activa unha folla de ruta para garantir a súa estabilidade

  • A entidade, que na actualidade presta servizo a 218 persoas usuarias, atópase nunha situación de déficit económico 

A asociación Down Vigo quere trasladar unha mensaxe de tranquilidade ás familias, persoas usuarias, profesionais e sociedade en xeral ante as informacións publicadas nos últimos días sobre a situación da entidade.

A xunta directiva de Down Vigo reafirma o seu compromiso coa continuidade da asociación e cos servizos que presta desde hai máis de 35 anos ás persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual da área sur de Galicia. Neste sentido, a entidade subliña que non existe ningunha previsión nin plan orientado á extinción da asociación, senón todo o contrario: a prioridade é garantir a sustentabilidade do proxecto e a continuidade da atención ás persoas usuarias.

A entidade recoñece que o exercicio económico de 2025 se pechou cun resultado negativo próximo aos 240.000 euros. Unha situación que responde, en gran medida, ao incremento dos custos salariais derivados da aplicación do Convenio Colectivo estatal do sector, e á diminución das axudas.

Neste contexto, e co obxectivo de asegurar a viabilidade futura da asociación, Down Vigo lamenta profundamente as medidas de axuste e o seu impacto humano, e agradece o compromiso e profesionalidade das persoas afectadas. 

En detalle, a primeira destas medidas foi prescindir dos servizos do director xerente. A segunda das medidas consiste nun incremento do importe das cotas de socio e de servizos. En terceiro lugar, estase a acometer un axuste de plantilla, buscando que afecte o menos posible ó bo funcionamento da entidade. 

Así mesmo, a entidade considera necesario aclarar determinadas informacións difundidas nos últimos días sobre unha suposta externalización de servizos. Down Vigo non contempla ningún proceso de subcontratación da súa carteira de atención profesional nin existe unha decisión adoptada nese sentido. A única cuestión valorada internamente foi a posibilidade puntual e temporal de recorrer a apoio externo nun ámbito moi concreto, como o da logopedia, unicamente no caso de non atopar profesionais para cubrir dito servizo.

Down Vigo manifesta tamén a súa disposición ao diálogo coas persoas traballadoras e os seus representantes, desde o respecto institucional e a responsabilidade compartida, co obxectivo de afrontar este contexto complexo sen alimentar confrontacións que poidan xerar preocupación innecesaria entre as familias e persoas usuarias.

A asociación insiste en que a súa prioridade continúa sendo preservar a calidade da atención, a estabilidade dos programas e o modelo de acompañamento integral que define a súa traxectoria desde 1989. A entidade continuará traballando con transparencia e responsabilidade para consolidar un proxecto social que segue sendo esencial para centos de persoas e familias da área de Vigo.

Suscríbete ao noso boletín de noticias

Se queres estar ao día das nosas actividades e noticias, subscríbeche ao noso boletín electrónico mensual. Para iso, só tes que facilitarnos a túa dirección de correo-e. Poderás darche de baixa cando queiras enviando un correo-e a downvigo@downvigo.org ou a través do formulario de contacto

    Responsable de tratamiento: Sus datos serán tratados por DOWN VIGO: ASOCIACION PARA EL SINDROME DE DOWN con domicilio social en Rúa Portela, 48 Baixo, 36214 - Vigo (Pontevedra). Finalidad y legitimación: Sus datos serán tratados para poder enviar comunicaciones (boletines de publicidad, newsletter y envío de contenido promocional), con base legal en el consentimiento expreso. Cesiones: no serán cedidos a terceros salvo obligación legal. Plazo: Sus datos serán tratados el tiempo estrictamente necesario para el cumplimiento de la finalidad o finalidades concretas que motivaron su recogida o, en todo caso, hasta que sean cancelados en respuesta al ejercicio por parte de su titular de los derechos correspondientes. Derechos: Le informamos que puede ejercer sus derechos de acceso, rectificación, cancelación y oposición al tratamiento de sus datos a través de este formulario de contacto o dirigiéndose a la siguiente dirección de correo electrónico: downvigo@downvigo.org, o también por escrito, adjuntando una copia de un documento acreditativo de su identidad a la dirección: Rúa Portela, 48 Baixo, 36214 - Vigo (Pontevedra) Información adicional: Puede consultar la información adicional y detallada sobre Protección de datos en nuestra política de privacidad"
    This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.