Down Vigo participa no FIC Andaina, festival internacional para sensibilizar en diversidade
- FIC Andaina é un proxecto que sensibiliza sobre a diversidade funcional a través do mundo audiovisual
- Iván Giráldez e Pablo Álvarez contaron as súas experiencias inclusivas ante alumnado de ciclos formativos do sector social
Down Vigo participó en la XII edición del FIC Andaina, Festival Internacional de Curtametraxes e Diversidade funcional, celebrado este mes de abril en Redondela. Iván Giráldez y Pablo Álvarez tuvieron la oportunidad de compartir sus experiencias laborales ante el alumnado de ciclos formativos del sector social, en el Multiusos de A Xunqueira, en Redondela.
Iván Giráldez traballa en Quasar-Recambios. Pablo Álvarez, en Rodavigo. Ambos forman parte do servizo de Emprego con Apoio, e xunto á súa preparadora laboral, Olalla González, prepararon unha charla para que o público do FICAndaina coñecese a súa realidade e as súas experiencias. Reflexionaron sobre inclusión, oportunidades e sensibilización.
Eva Alonso, responsable do servizo de Emprego, explicou a metodoloxía do Emprego con Apoio, que está deseñado para atender especificamente ás necesidades e barreiras que as persoas con síndrome de Down e outras diversidades intelectuais atopan á hora de tentar acceder ao mercado laboral ordinario. Este modelo baséase nun sistema estruturado de apoios e acompañamentos para guiar ás persoas demandantes de emprego a través de todo o proceso de inserción sociolaboral e asegurar a súa correcta incorporación ao posto de traballo.
Para Pablo, a súa vida cambiou coa pandemia por COVID-19. Tivo que aprender que era o teletraballo, ao que se adaptou despois dos medos iniciais. Está tan agradecido á empresa que, como el mesmo di, «se non traballase en Rodavigo, querería traballar en Rodavigo». E como non todo é traballar, contou como é formar parte dunha pena do RC Celta. Toda unha experiencia, sen dúbida.
Iván contou o feliz que é coa súa vida actual. Na súa empresa, Quasar-Recambios, encárgase de ordenar albarás e montar caixas, ademais de facer diversas xestións externas. Dos seus proxectos, está especialmente orgulloso de participar en Proxecto ECA, un vídeoblog sobre experiencias laborais. O seu tempo libre dedícao en gran medida á súa cuadrilla da comparsa Calcarrúas xa están a pensar no Entroido do ano que vén!
Desde Down Vigo queremos poñer en valor iniciativas como FICAndaina, que axudan a que as entidades unamos forzas para visibilizar a Síndrome de Down e a diversidade intelectual. Desexámosvos moitos éxitos, para que cada vez sexa máis común a participación das persoas con diversidade en todos os ámbitos da sociedade.Palabras descoñecidas.