Actualidad

Down Vigo participa nas Xornadas sobre Integración laboral de persoas con discapacidade organizadas pola Universidade de Vigo

  • Guillermo Fernández, que asiste ao servizo de Emprego con Apoio, participou no relatorio acompañado polo seu preparador laboral David Esperón
  • Tamén interviñeron Eva Alonso, responsable do servizo de Emprego con Apoio, e Isabel Sierra, prospectora laboral de Down Vigo
    Nazario Correa, Director Xeral de Rodavigo, empresa colaboradora da entidade, ofreceu o perfecto exemplo de que a inclusión laboral das persoas con Síndrome de Down e diversidade intelectual é posible

O pasado 26 de novembro, a Universidade de Vigo celebrou as Xornadas sobre Integración laboral de persoas con discapacidade na Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo. Nelas participou Guillermo Fernández, que asiste ao servizo de Emprego con Apoio da entidade. Acompañado polo seu preparador laboral David Esperón, Guillermo describiu a súa traxectoria profesional, o seu actual emprego como axudante de caixas en Alcampo e o resto dos seus proxectos académicos e persoais.

No relatorio tamén participaron Eva Alonso, responsable do servizo de Emprego con Apoio, e Isabel Sierra, prospectora laboral de Down Vigo. Ambas explicaron en que consiste o proxecto, as figuras que participan no mesmo, así como a realidade á que se enfrontan cada día para a inclusión de persoas con Síndrome de Down e diversidade intelectual. E o mellor exemplo de que se trata dun obxectivo alcanzable deuno Nazario Correa, Director Xeral de Rodavigo. O seu compromiso e a colaboración coa nosa entidade dá como resultado que actualmente haxa tres persoas do servizo contratadas na empresa. Agradecemos o exemplo e a oportunidade de demostrar que a inclusión sociolaboral en empresas ordinarias non só é posible, senón que xa é unha realidade pola que seguiremos traballando cada día.

Diferentes enfoques: empresarial, institucional, académico…

Estas Xornadas foron organizadas pola aula de Formación Legal da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo. A participación de Down Vigo, así como a de Rodavigo, enmárcase no obxectivo de incorporar o punto de vista dos diferentes axentes implicados na inclusión laboral. Entre outros, tamén interveu a directora da área de Emprego e Emprendemento da Universidade de Vigo, Maruxa Álvarez, para explicar o Programa universitario para o emprego e a vida autónoma, iniciativa dirixida a dotar ao alumnado de competencias que melloren a súa autonomía, formación académica e preparación laboral.

Suscríbete ao noso boletín de noticias

Se queres estar ao día das nosas actividades e noticias, subscríbeche ao noso boletín electrónico mensual. Para iso, só tes que facilitarnos a túa dirección de correo-e. Poderás darche de baixa cando queiras enviando un correo-e a downvigo@downvigo.org ou a través do formulario de contacto

    Responsable de tratamento: Os seus datos serán tratados por DOWN VIGO: ASOCIACIÓN PARA O SÍNDROME DE DOWN con domicilio social en Rúa Portela, 48 Baixo, 36214 - Vigo (Pontevedra). Finalidade e lexitimación: Os seus datos serán tratados para poder enviar comunicacións (boletíns de publicidade, newsletter e envío de contido promocional), con base legal no consentimento expreso. Cesións: non serán cedidos a terceiros salvo obrigación legal. Prazo: Os seus datos serán tratados o tempo estritamente necesario para o cumprimento da finalidade ou finalidades concretas que motivaron a súa recollida ou, en todo caso, ata que sexan cancelados en resposta ao exercicio por parte do seu titular dos dereitos correspondentes. Dereitos: Informámoslle que pode exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ao tratamento dos seus datos a través deste formulario de contacto ou dirixíndose á seguinte dirección de correo electrónico: downvigo@downvigo.org, ou tamén por escrito, anexando unha copia dun documento acreditativo da súa identidade á dirección: Rúa Portela, 48 Baixo, 36214 - Vigo (Pontevedra) Información adicional: Información adicional: Pode consultar a información adicional e detallada sobre Protección de datos na nosa política de privacidade"
    This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.