DOWN Vigo conmemora o Día Mundial da Síndrome de Down cunha ampla axenda de actos
- Presentaremos o libro ‘Historias emotivas’, elaborado por persoas que asisten á entidade, na Biblioteca Pública Xosé Neira Vilas o próximo mércores 18 ás 19:00 horas
- Celebraremos xunto a Decathlon e Discamino a cuarta edición do Desfile Inclusivo no Centro Comercial Vialia Estación de Vigo o venres 20 ás 17:00 horas
- Participaremos na II Gala dos Premios Sociais da Deputación de Pontevedra como copresentadores e cunha actuación teatro-musical
- Estos eventos se suman ós actos conmemorativos do Movemento Down en Galicia, que este ano organiza o seu acto anual en Lugo
- Pola súa banda, a campaña de Down España reivindica máis inclusión co lema #NoSoyYoEresTú
DOWN Vigo conmemora o próximo 21 de marzo o Día Mundial da Síndrome de Down para, un ano máis, visibilizar a inclusión real e romper os estereotipos que aínda permanecen na sociedade. Máis que unha simple data sinalada, esta xornada pretende ser un símbolo de concienciación, inclusión e reivindicación da igualdade de oportunidades ante a diversidade.
A axenda de actos inclúe unha ampla variedade de eventos durante todo o mes, co obxectivo de demostrar o valor engadido que as persoas coa Síndrome de Down e diversidade intelectual poden achegar a unha sociedade cada vez máis plural e inclusiva.
Como pistoletazo de saída, o evento solidario ‘Héroes de Korriban’ irá este ano a beneficio de DOWN Vigo. Despois da exitosa edición do ano pasado, o Centro Comercial Vialia Estación de Vigo volve a acoller este evento que consiste nunha exposición de cómics, un desfile de superheroes e un show dinámico por todo o centro comercial. A cita será os próximos días 13, a partir das 12:00 horas, e 14 de marzo, a partir de las 18:30 horas.

Ademais, DOWN Vigo participará o próximo 17 de marzo na II Gala dous Premios Sociais da Deputación de Pontevedra cunha actuación na que a música e as artes escénicas serán as protagonistas. O acto será copresentado por Iván Giráldez, vicepresidente da entidade, xunto a un integrante de DOWN Pontevedra Xuntos.
Un día máis tarde, o mércores 18, terá lugar a presentación do libro ‘Historias Emotivas’, unha recompilación de relatos creados por persoas con Síndrome de Down e diversidade intelectual do servizo de Formación da entidade. A Biblioteca Xosé Neira Vilas, escenario dalgunhas desas historias, acollerá a presentación, aberta ao público xeral, a partir das 19:00 horas.

O venres 20 celebraremos xunto a Decathlon e Discamino a cuarta edición do Desfile Inclusivo, unha cita que xa é tradición na axenda cultural viguesa. Na pasarela desfilarán persoas que asisten a DOWN Vigo e a Discamino, así como traballadores/as de Decathlon. O obxectivo é mostrar que calquera actividade física pode ser unha ferramenta de inclusión e desenvolvemento individual e colectivo. Será a partir das 17:00 horas no escenario Vigo Exporta (planta baixa) do Centro Comercial Vialia Estación de Vigo.

Acto de Down Galicia
O Movemento Down en Galicia organiza o seu acto anual co que busca dar visibilidade ás persoas con Síndrome de Down e facer oír as súas reivindicacións. O evento será no Auditorio da Facultade de Veterinaria do Campus Universitario de Lugo a partir das 19:15 horas do sábado 21 de marzo.
Campaña de Down España
Con motivo do Día Mundial da Síndrome de Down, Down España lanza a campaña “#NoSoyYoEresTú”, co obxectivo de reivindicar xustiza e respecto e denunciar os prexuízos que a sociedade ten cara ás persoas con Síndrome de Down e apelar a un cambio de mirada que permita vencelos.
Historia do Día da Síndrome de Down
A orixe do Día Mundial da Síndrome de Down remóntase ao ano 2006, cando a Asemblea Xeral das Nacións Unidas designou o 21 de marzo como o día para concienciar sobre esta condición xenética. Desde entón, cada ano conmemórase esta data con actividades e eventos en todo o mundo, organizados por familias, organizacións, institucións educativas e gobernos.
