Actualidad

DOWN Vigo conmemora o Día Mundial da Síndrome de Down co III Desfile Inclusivo

  • O evento, promovido por Decathlon e no que tamén participa Discamino, será o vindeiro venres 21 de marzo ás 17:00 horas no CC Vialia de Vigo
  • Desta maneira, unímonos aos actos conmemorativos do Movemento Down en Galicia, que este ano organiza o seu acto anual na Coruña
  • Pola súa banda, a campaña de Down España reivindica máis inclusión co lema #TanComoTú

DOWN Vigo conmemora o Día Mundial da Síndrome de Down, que terá lugar o próximo 21 de marzo, para, un ano máis, visibilizar a inclusión real e romper os estereotipos que aínda permanecen na sociedade.

O venres 21 de marzo ás 17:00 horas celebrarase o III Desfile Inclusivo, en colaboración con Decathlon e Discamino, no escenario Vigo Exporta (planta baixa) do centro comercial Vialia, en Vigo. Trátase dunha iniciativa solidaria que busca sensibilizar acerca dos valores do deporte: cooperación, esforzo e traballo en equipo. Persoas coa Síndrome de Down e outras diversidades compartirán pasarela con traballadores/as de Decathlon, para entre todos mostrar que calquera actividade física pode ser unha ferramenta de desenvolvemento individual e colectivo.

Acto de Down Galicia

O Movemento Down en Galicia organiza o seu acto anual co que busca dar visibilidade ás persoas con Síndrome de Down e facer oír as súas reivindicacións. O evento será no Paraninfo da Rectoría da Universidade da Coruña a partir das 19:30 horas do venres 21 de marzo.

Campaña de Down España

Con motivo do Día Mundial da Síndrome de Down, Down España lanza a campaña “#TanComoTú”, que mostra que as persoas con síndrome de Down senten, pensan e actúan “tan como ti, tan como todos nós” e que pretende sensibilizar sobre a necesidade de construír unha sociedade verdadeiramente inclusiva e desmontar estereotipos.

Agradecemos enormemente a Decathlon e ao CC Vialia de Vigo a súa xenerosidade e mais o seu compromiso coa inclusión nesta data tan significativa para as persoas coa Síndrome de Down.

Suscríbete ao noso boletín de noticias

Se queres estar ao día das nosas actividades e noticias, subscríbeche ao noso boletín electrónico mensual. Para iso, só tes que facilitarnos a túa dirección de correo-e. Poderás darche de baixa cando queiras enviando un correo-e a downvigo@downvigo.org ou a través do formulario de contacto

    Responsable de tratamiento: Sus datos serán tratados por DOWN VIGO: ASOCIACION PARA EL SINDROME DE DOWN con domicilio social en Rúa Portela, 48 Baixo, 36214 - Vigo (Pontevedra). Finalidad y legitimación: Sus datos serán tratados para poder enviar comunicaciones (boletines de publicidad, newsletter y envío de contenido promocional), con base legal en el consentimiento expreso. Cesiones: no serán cedidos a terceros salvo obligación legal. Plazo: Sus datos serán tratados el tiempo estrictamente necesario para el cumplimiento de la finalidad o finalidades concretas que motivaron su recogida o, en todo caso, hasta que sean cancelados en respuesta al ejercicio por parte de su titular de los derechos correspondientes. Derechos: Le informamos que puede ejercer sus derechos de acceso, rectificación, cancelación y oposición al tratamiento de sus datos a través de este formulario de contacto o dirigiéndose a la siguiente dirección de correo electrónico: downvigo@downvigo.org, o también por escrito, adjuntando una copia de un documento acreditativo de su identidad a la dirección: Rúa Portela, 48 Baixo, 36214 - Vigo (Pontevedra) Información adicional: Puede consultar la información adicional y detallada sobre Protección de datos en nuestra política de privacidad"
    This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.