Dez alumnos/as participan na acción formativa ‘Auxiliar de Loxística e Almacén’ grazas á FUNDACIÓN ONCE
- No marco da Convocatoria de Axudas Económicas para a selección de operacións para o Reforzo da Empleabilidade de Persoas con Discapacidade “Uno a Uno PIN” – Ano 2025-2026
Dez persoas do servizo de Formación da entidade asisten dende o pasado 2 de febreiro á acción formativa ‘Auxiliar de loxística e almacén’, que se imparte nas instalacións da entidade, en C/Real, 27 (Vigo).


O obxectivo deste proxecto é promocionar a formación continua e empregabilidade das persoas con Síndrome de Down e diversidade intelectual, para así mellorar a súa inclusión sociolaboral, complementando os coñecementos que permitan mellorar o currículo ou ampliar as oportunidades laborais.
O desenvolvemento da acción formativa prodúcese no marco da convocatoria de Axudas Económicas para a selección de operacións para o Reforzo da Empregabilidade de Persoas con Discapacidade “Un a Un PIN”, correspondente ao ano 2025-2026, da FUNDACIÓN ONCE, en calidade de Organismo Intermedio do Programa Estatal FSE+ de inclusión social, garantía xuvenil e loita contra a pobreza 2021-2027, e cofinanciado polo fondo Social Europeo.

FUNDACIÓN ONCE concedeu a DOWN VIGO un importe de 45.000 euros para o desenvolvemento da acción formativa ‘Auxiliar de loxística e almacén’, na que participan dez persoas con Síndrome de Down e diversidade intelectual do servizo de Formación. O proxecto, que conta cunha duración de 400 horas, desenvólvese entre o 2 de febreiro e o 19 de xuño e conta con formación no posto en empresas ordinarias.


A acción formativa, estruturada en unidades formativas, inclúe o seguinte contido teórico-práctico: introdución á loxística e almacén; técnicas básicas de almacenaxe; manexo básico de mercancías; control básico de inventarios; manexo de equipos básicos; simulación de tarefas reais e preparación para o emprego; e desenvolvemento de habilidades complementarias.




