Actualidad

Conmemoramos o Día Internacional do Traballador reivindicando máis inclusión e igualdade de oportunidades

  • En 2026, a área de Emprego de Down Vigo conta con 75 persoas con Síndrome de Down e diversidade intelectual traballando na empresa ordinaria
  • Os sectores principais de actividade son: comercio, hostalería, industria e produción, loxística e transporte, e servizos auxiliares

As entidades que formamos parte da Federación Down Galicia reivindicamos compromiso social para seguir impulsando a inclusión laboral das persoas con síndrome de Down e outras diversidades intelectuais. Tras pechar un 2025 con cifras marca, a Federación invita a empresas e administracións a confiar nun modelo que demostrou ser a ferramenta máis eficaz para a inclusión real do colectivo no mercado de traballo ordinario.

En Down Vigo, queremos ser exemplo e por iso contamos con tres novas contratacións desde setembro de 2026. Dani, David e Iris forman parte do equipo de profesionais da entidade, responsabilidade que compaxinan coa súa asistencia aos diferentes servizos da entidade, como Formación, Emprego, Autonomía ou Logopedia.

David, Iris e Daniel levan meses demostrando que a inclusión laboral non só é posible, senón que xa é unha realidade. Unha realidade que funciona, que mellora as contornas nos que se aplica e que enriquece tanto ao tecido empresarial da cidade como ás persoas que formamos parte del.

David traballa como auxiliar administrativo en Recepción cun contrato indefinido desde novembro de 2025. As súas tarefas principais son a atención telefónica e presencial en Recepción e a realización de tarefas administrativas como escaneado, fotocopiado, plastificado, destrución de documentos ou creación de documentos co paquete Office. Ademais, revisa a reposición de material funxible nas salas de fotocopiador e revisa que os baños estean en bo estado e con todo o material necesario. Para David, este traballo “é unha marabilla porque lle comentei á miña familia e eles están felices comigo por ter un traballo e aprender a traballar”. Das súas tarefas, gústalle todo, “sobre todo escanear”, pero o mellor é sentir o apoio dos seus compañeiros/as: “trátanme ben porque son moi simpáticos, axúdanme, quérenme, e eu a eles tamén”. 

Para Iris, o seu primeiro día de traballo foi “o mellor día da miña vida, porque estou moi cómoda aquí e por estar preto de casa”. Traballa como auxiliar administrativo en Recepción cun contrato indefinido desde novembro de 2025. As súas tarefas principais son a atención telefónica e presencial en Recepción e a realización de tarefas administrativas como escaneado, fotocopiado, plastificado, destrución de documentos ou creación de documentos co paquete Office. Ademais, revisa a reposición de material funxible nas salas de fotocopiador e revisa que os baños estean en bo estado e con todo o material necesario. Iris explica que este traballo “porque me gusta moito e sérveme para o que quero conseguir: ser unha persoa autónoma”. 

Dani leva traballando como persoal de limpeza desde finais de outubro de 2025. Xunto a Andrés e Andrea, encárgase da limpeza das aulas: cambia a bolsa de lixo, limpa o po, varrer e fregar. Ademais, ten a responsabilidade de que os espazos comúns estean en perfecto estado: entrada, corredores, escaleiras, cociña, cafetería, patio e baños das diferentes plantas. Cando lle deron a noticia, Dani recibiuna con ilusión: “sentín ben, con ganas e contento, por ter a posibilidade de traballar. Tamén pensei que quería traballar moito tempo en Down Vigo. Gústame máis traballar na asociación que noutras empresas”. Para el, traballar cun contrato indefinido supón “aforrar diñeiro e comprar as miñas cousas. Estou contento tamén pola miña nai, que me animou a traballar”.

Un 2025 de máximos históricos no emprego ordinario

O balance do último ano deixa constancia do crecente interese das persoas con síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais por formar parte activa da sociedade a través do desempeño laboral. En total, 270 persoas usuarias que forman parte da Federación Down Galicia participaron no programa de Emprego con Apoio, a cifra máis alta desde que se puxo en marcha esta iniciativa hai máis de dúas décadas. En Vigo, actualmente hai 75 persoas traballando en empresa ordinaria.

Suscríbete ao noso boletín de noticias

Se queres estar ao día das nosas actividades e noticias, subscríbeche ao noso boletín electrónico mensual. Para iso, só tes que facilitarnos a túa dirección de correo-e. Poderás darche de baixa cando queiras enviando un correo-e a downvigo@downvigo.org ou a través do formulario de contacto

    Responsable de tratamiento: Sus datos serán tratados por DOWN VIGO: ASOCIACION PARA EL SINDROME DE DOWN con domicilio social en Rúa Portela, 48 Baixo, 36214 - Vigo (Pontevedra). Finalidad y legitimación: Sus datos serán tratados para poder enviar comunicaciones (boletines de publicidad, newsletter y envío de contenido promocional), con base legal en el consentimiento expreso. Cesiones: no serán cedidos a terceros salvo obligación legal. Plazo: Sus datos serán tratados el tiempo estrictamente necesario para el cumplimiento de la finalidad o finalidades concretas que motivaron su recogida o, en todo caso, hasta que sean cancelados en respuesta al ejercicio por parte de su titular de los derechos correspondientes. Derechos: Le informamos que puede ejercer sus derechos de acceso, rectificación, cancelación y oposición al tratamiento de sus datos a través de este formulario de contacto o dirigiéndose a la siguiente dirección de correo electrónico: downvigo@downvigo.org, o también por escrito, adjuntando una copia de un documento acreditativo de su identidad a la dirección: Rúa Portela, 48 Baixo, 36214 - Vigo (Pontevedra) Información adicional: Puede consultar la información adicional y detallada sobre Protección de datos en nuestra política de privacidad"
    This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.