Actualidad

Borja Gómez, pregoeiro nas Festas do Corpus Christi de Ponteareas

• A cita será o domingo 15 de xuño ás 13 horas no Concello de Ponteareas

• Este nomeamento é un recoñecemento aos seus logros deportivos tanto en ciclocrós como en natación, e que son o orgullo dos seus veciños

Borja vivirá un dos días máis especiais da súa vida o vindeiro domingo 15 de xuño. Ás 13 horas, mirará aos ollos aos seus veciños de Ponteareas para ser o pregoeiro da semana máis importante do municipio: as Festas do Corpus Christi. A súa elección como veciño ilustre supón un merecidísimo recoñecemento aos seus logros deportivos. O último, completar este mes de abril os case 260 km da esixente proba ciclista París-Robaix.

Tal e como explica a alcaldesa de Ponteareas, Nava Castro, “desde o primeiro momento estamos completamente seguros de que Borja reúne todo o que se espera dun pregoeiro: transmitir a emoción e o entusiasmo das festas, lazos fortes co pobo, alma alfombrista e a capacidade de transmitir enerxía, positividade e ilusión”. Non en balde Ponteareas é a localidade de España na que naceron máis gañadores da Volta.

Borja terá esta semana que repartir todo o seu talento entre as súas obrigacións deportivas; a asistencia aos distintos servizos de DOWN Vigo; e a preparación deste reto tan ilusionante, que non é outro que poñer palabras á súa tradición, raíces e orgullo. Por sorte, non estará só. Ao apoio que lle brindan os seus pais Calis e Montse hai que sumar o da nosa entidade; o do seu adestrador; o do Club Natación Darlim Ponteareas; e o do Club Ciclista que leva o seu nome.

Borja, o deportista que cambiou as normas

Borja é, e quere ser, como os demais. Ter Síndrome de Down fixo que tivese que demostrar máis. Más rapidez co cronómetro, máis esforzo para desprazarse pola súa conta aos campionatos, e máis perseveranza para competir. O seu reto era terminar as carreiras, aínda que fose 10 ou 15 minutos máis tarde. Tras moito insistir e moito adestrar, en 2018, cando estaban a preparar unha viaxe para asistir como espectador ao Campionato de España de ciclocrós, a súa familia recibiu a chamada que cambiou a súa vida: Borja ía competir na modalidade cadete a nivel autonómico. Coa súa participación, conseguiu que se incluíse por primeira vez unha carreira inclusiva no programa do Campionato de España.

Desde entón, participou na Volta a España por etapas con Discamino; correu o Campionato do Mundo #Máster celebrado en Hamburgo (Alemaña), onde gañou a carreira de inclusión no 2024; participou no Tríatlon de Porriño nos anos 2022, 2023 e 2024; e foi convocado pola selección galega de ciclismo para correr os Campionatos de España de ciclocrós desde o ano 2018 ata o 2024. Tamén participou no Dúatlon Val de Soneira e competiu a nivel internacional en Bélxica e Francia.

Unión entre DOWN Vigo e Ponteareas

O vínculo que na entidade temos con Ponteareas xa conta cunha tradición de anos. Ademais de compartir o orgullo polo talento de Borja, colaboramos desde fai seis anos na Carreira Nocturna Vila do Corpus, que recada fondos a beneficio de DOWN Vigo. Todo grazas a Corredores Festeiros, entidade organizadora. Por iso, o domingo estará presente na lectura do pregón parte da Xunta Directiva da entidade.

Suscríbete ao noso boletín de noticias

Se queres estar ao día das nosas actividades e noticias, subscríbeche ao noso boletín electrónico mensual. Para iso, só tes que facilitarnos a túa dirección de correo-e. Poderás darche de baixa cando queiras enviando un correo-e a downvigo@downvigo.org ou a través do formulario de contacto

    Responsable de tratamiento: Sus datos serán tratados por DOWN VIGO: ASOCIACION PARA EL SINDROME DE DOWN con domicilio social en Rúa Portela, 48 Baixo, 36214 - Vigo (Pontevedra). Finalidad y legitimación: Sus datos serán tratados para poder enviar comunicaciones (boletines de publicidad, newsletter y envío de contenido promocional), con base legal en el consentimiento expreso. Cesiones: no serán cedidos a terceros salvo obligación legal. Plazo: Sus datos serán tratados el tiempo estrictamente necesario para el cumplimiento de la finalidad o finalidades concretas que motivaron su recogida o, en todo caso, hasta que sean cancelados en respuesta al ejercicio por parte de su titular de los derechos correspondientes. Derechos: Le informamos que puede ejercer sus derechos de acceso, rectificación, cancelación y oposición al tratamiento de sus datos a través de este formulario de contacto o dirigiéndose a la siguiente dirección de correo electrónico: downvigo@downvigo.org, o también por escrito, adjuntando una copia de un documento acreditativo de su identidad a la dirección: Rúa Portela, 48 Baixo, 36214 - Vigo (Pontevedra) Información adicional: Puede consultar la información adicional y detallada sobre Protección de datos en nuestra política de privacidad"
    This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.