Antón firma un contrato indefinido e comeza a traballar en Milongas, restaurante especializado en parrilladas
- Despois dun mes de prácticas, pasa a formar parte da plantilla estable
En 2026, a vida de Antón cambiou. A finais de xaneiro, recibiu a oportunidade de realizar prácticas no restaurante Milongas, situado no centro comercial A Laxe. Tras un mes demostrando aptitude e actitude, o 2 de marzo asinou un contrato indefinido que reafirma o que el xa sabía: a súa mellor virtude é o trato privado: “o que máis me gusta é servir aos clientes”.

Durante a quenda de mediodía, Antón realiza tarefas de auxiliar de tenda. Encárgase de preparar o restaurante antes a súa apertura, montando a terraza. Ademais, realiza outras tarefas como dispoñer as paneras para que os seus compañeiros/as poñan pan na mesa; os pratos para salsas como o chimichurri; revisar que toda a louza está perfecta ao saír do lavalouzas e en caso necesario repasala; ou inchar globos para os nenos/as que visitan o restaurante á hora para comer.
Unha vez abre que o restaurante está aberto ao público, realiza tarefas de camareiro, poñendo nas mesas o pan ou a comida cando salgue un servizo. Durante o servizo, ten a oportunidade de aprender dos seus compañeiros/as, para garantir que a execución das tarefas é perfecta. Como el mesmo recoñece, “estou moi contento, espero estar toda a miña vida”. Ao preguntarlle por que, teno claro: “síntome moi apoiado, creo que confían moito en min e ensínanme cousas novas. Ensínanme como se fai. Síntome feliz”.

Durante este tempo, Antón xa tivo ocasión de enfrontarse ás primeiras dificultades: tarefas que custa máis aprender, ou que custan máis fisicamente. Como o soluciona? “con esforzo e dedicación. Esforzándome.” Os seus obxectivos para o futuro son, sen dúbida, unha motivación. Recoñece que ter traballo é importante para ser autónomo e cumprir o seu soño: “ter unha casiña preto da praia, con vistas ao mar. Para iso gustaríame traballar máis tempo. Estou á hora para comer e logo voume”.

Desde Down Vigo desexamos a Antón a mellor das sortes nesta nova etapa profesional e agradecemos a Milongas o seu compromiso coa inclusión laboral das persoas con Síndrome de Down e diversidade intelectual.
