Actualidad

Alumnado de Down Vigo fórmase no campus nas aplicacións cotiás das matemáticas

  • O proxecto busca mellorar as súas habilidades básicas de cálculo, a través dunha serie de actividades deseñadas polo estudantado do Grao en Educación Primaria

Deseñar e levar a cabo unha serie de actividades que, dun xeito lúdico, permitan a mozos e mozas con síndrome de Down e diversidade intelectual mellorar as súas habilidades básicas de cálculo matemático. Ese é o obxectivo do traballo que nestas semanas levan a cabo trece estudantes da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte, no marco dunha iniciativa promovida pola profesora Marta Pérez e Down Vigo. Actividades que poñen o foco nas aplicacións cotiás das matemáticas, como xogos, a recreación dun mercado ou a realización dunha compra nunha gran superficie, forman parte das propostas que este grupo de estudantes do Grao en Educación Primaria desenvolve xunto a nove mozos e mozas, que cursan na UVigo o Programa para o Emprego e a Vida Autónoma.

Inserido na materia Recursos para o ensino das matemáticas, trátase da sexta edición dun proxecto baseado na metodoloxía de aprendizaxe-servizo (ApS), na que o alumnado adquire as competencias propias da titulación á vez que colabora con entidades ou colectivos. “Permítelles levar a práctica os coñecementos que adquiren na materia, ao tempo que se expoñen a unha situación real como a que terán cando cheguen ás aulas a exercer a súa profesión, nas que van atopar alumnado con diversidade intelectual ou con dificultades concretas en matemáticas”, salienta Pérez dunha actividade que arranca cunha avaliación dirixida a “detectar as necesidades” de cada participante. O seu obxectivo é poder desenvolver, divididos en diferentes grupos, “unha ensinanza moi individualizada”, así como “adaptar as actividades ao nivel de cada participante”, como sinala Antía Vaamonde, responsable de formación de Down Vigo, que lembra que estes nove alumnos e alumnas xa tomaron parte nesta experiencia de ApS o pasado curso. “Que coñezan a dinámica da actividade axúdanos moito, porque o funcionamento e os obxectivos seguen sendo os mesmo”, recoñece dunha iniciativa “moi enriquecedora”, tanto polas iniciativas propostas, “que nunca deixan de sorprendernos pola súa creatividade”, como porque estas lévanse a cabo “nunha contorna verdadeiramente inclusiva”.

Dun mercado na facultade á visita a unha gran superficie

Tras a avaliación inicial, os diferentes grupos deseñaron actividades específicas para “reforzar a parte na que detectaron carencias”, como explica Pérez. A seguinte proposta foi a recreación na facultade dun mercado, no que o alumnado de Down Vigo debía adquirir unha serie de produtos e servizos, seguindo un “rol de vida”, que lles asignaba tanto un soldo como as actividades a desenvolver. A partir de aí, debían ir percorrendo unha serie de postos, que recreaban un banco, un supermercado, unha tenda de roupa, unha farmacia, un bazar ou unha sala de cine, e nos que este curso debían asumir tamén por primeira vez o papel de vendedores, o que permitiu, como apunta Pérez, “traballar conceptos distintos segundo sexa o seu rol”.

A última actividade levará este grupo “a organizar unha compra real” nunha gran superficie, cun orzamento determinado e a lista de produtos que deberán adquirir. Ademais, no presente curso está previsto dar continuidade a este colaboración de Down Vigo no segundo cuadrimestre, co alumnado da materia Dificultades na aprendizaxe das matemáticas, do máster en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria.

Dous anos de experiencia universitaria

Ademais de participar neste proxecto, estes nove alumnos e alumnas de Down Vigo fórmanse nestes meses no segundo curso do Programa para o Emprego e a Vida Autónoma. Trátase dun título propio da Universidade de Vigo, impulsado en colaboración desta asociación e de Down Ourense e co apoio da Fundación Adecco, que busca dotalos de competencias que melloren a súa autonomía, formación académica e preparación laboral. “A inclusión responde positivamente á diversidade das persoas e ás diferencias individuais, porque a diversidade non é un problema, senón unha oportunidade para o enriquecemento da sociedade”, sinalan desde a Área de Emprego e o Emprendemento da Universidade, responsable da súa coordinación. De aí que animen ao persoal docente a levar a cabo iniciativas como este ApS nas súas materias de grao ou mestrado “e colaborar na inclusión sociolaboral do alumnado deste título propio”. Nese senso, poñen en valor as iniciativas levadas a cabo no marco deste programa por Francisco Javier Sánchez, Montserrat Cruz, Vanessa Suárez, José Antonio Fraiz e Noelia Araújo, como saídas de campo conxuntas co alumnado de grao, ou o seminario de simulación de entrevistas de selección de persoal que levará a cabo a profesora Reyes Fernández.

Suscríbete ao noso boletín de noticias

Se queres estar ao día das nosas actividades e noticias, subscríbeche ao noso boletín electrónico mensual. Para iso, só tes que facilitarnos a túa dirección de correo-e. Poderás darche de baixa cando queiras enviando un correo-e a downvigo@downvigo.org ou a través do formulario de contacto

    Responsable de tratamiento: Sus datos serán tratados por DOWN VIGO: ASOCIACION PARA EL SINDROME DE DOWN con domicilio social en Rúa Portela, 48 Baixo, 36214 - Vigo (Pontevedra). Finalidad y legitimación: Sus datos serán tratados para poder enviar comunicaciones (boletines de publicidad, newsletter y envío de contenido promocional), con base legal en el consentimiento expreso. Cesiones: no serán cedidos a terceros salvo obligación legal. Plazo: Sus datos serán tratados el tiempo estrictamente necesario para el cumplimiento de la finalidad o finalidades concretas que motivaron su recogida o, en todo caso, hasta que sean cancelados en respuesta al ejercicio por parte de su titular de los derechos correspondientes. Derechos: Le informamos que puede ejercer sus derechos de acceso, rectificación, cancelación y oposición al tratamiento de sus datos a través de este formulario de contacto o dirigiéndose a la siguiente dirección de correo electrónico: downvigo@downvigo.org, o también por escrito, adjuntando una copia de un documento acreditativo de su identidad a la dirección: Rúa Portela, 48 Baixo, 36214 - Vigo (Pontevedra) Información adicional: Puede consultar la información adicional y detallada sobre Protección de datos en nuestra política de privacidad"
    This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.