Alberto, contratado como reponedor en Eroski S. Coop.
- Traballará na cadea de supermercados alomenos durante un ano
Despois de trece anos de experiencia laboral como profesional de limpeza, Alberto comezou un novo reto profesional: cambiar de sector. Desde finais de novembro, traballa nun centro Eroski S. Coop. O seu contrato, de luns a sábado e en xornada parcial, ten unha duración dun ano. As súas funcións consisten en repoñer e frentear os produtos nos lineais do supermercado.
A empresa volve así a demostrar a súa confianza na nosa metodoloxía de Emprego con Apoio, xa que Alberto desempeña as súas funcións no supermercado máis grande que a corporación ten en Galicia. Tras as primeiras semanas, Alberto non dúbida: está contento co traballo. Destaca a amabilidade coa que lle tratan as súas compañeiras e encargadas, coas que leva ben, e indica que sente cómodo na empresa.
Con esta reciclaxe profesional, Alberto demostra determinación e autonomía, afrontando o reto de aprender un posto novo de traballo, nunha empresa dun sector novo para el. É o mellor exemplo de que calquera adversidade pode converterse nunha oportunidade, sobre todo #ante unha perspectiva laboral incerta. Por parte da empresa, a valoración desta incorporación laboral tamén é moi positiva.
Ao futuro, Alberto pídelle seguir aprendendo, ter máis experiencia e continuar mellorando no seu novo traballo. Estamos seguros de que co seu esforzo, tesón e ilusión logrará as súas metas. Agradecemos a Eroski S. Coop. o seu compromiso coa inclusión laboral das persoas con Síndrome de Down e diversidade intelectual.