Actualidad

Accións de sensibilización polo Día da Discapacidade, por unha sociedade máis inclusiva

  • As persoas que asisten á entidade, xunto co equipo de profesionais, impartiron diversas charlas en centros educativos e empresas para sensibilizar acerca de prácticas inclusivas, con exemplos reais

O 3 de decembro conmemórase o Día das Persoas con Discapacidade, unha xornada na que as persoas que asisten á entidade, así como o equipo de profesionais, reivindicamos máis inclusión, como representación dunha gran parte da sociedade que convive ou defende os dereitos e a realidade da poboación con algunha diversidade.

Co obxectivo de sensibilizar, durante estas semanas realizamos diversas intervencións para mostrar o noso traballo diario, así como exemplos reais de persoas que asisten a servizos da entidade e que, co seu esforzo e o acompañamento dos axentes sociais, están a alcanzar os seus obxectivos vitais de autonomía e independencia, tanto no plano académico como na incorporación á vida laboral e ao resto das esferas da sociedade.

Así, en canto a charlas didácticas en centros educativos, visitamos diferentes colexios e institutos:

-IES do Barral, en Ponteareas, cunha charla de sensibilización con profesionais das áreas de Inclusión Educativa e Formación.

-Colexio Ramiro Sabell, en Ponteareas. Laura Fernández e Borja Gómez participaron na lectura dun conto infantil, acompañados por técnicos do servizo de Inclusión Educativa.

-Colexio Santa Tegra, en Vigo, cunha charla de sensibilización con profesionais das áreas de Inclusión Educativa e Formación. -CEIP Cedeira, en Redondela, cunha charla na que participaron profesionais das áreas de Inclusión Educativa e Logopedia. – IES Indalecio Tizón, en Tui, cunha mesa redonda na que participaron tres persoas da área de Formación da entidade, acompañados por unha técnica do servizo. -Colexio Lareira, en Vigo. cunha charla de sensibilización levada a cabo por persoas que asisten ao servizo de Emprego e profesionais da área, acompañados por Nazario Correa, da empresa Rodavigo.

-Colexio Javier Sensat, en Vigo, cunha actividade participativa organizada por persoas que asisten a Proxecto ECA (Emprego con Apoio), e técnicos do servizo.


En canto a iniciativas de organismos públicos, participamos no acto organizado polo Concello de Moaña con asociacións da área de Vigo e O Morrazo. O acto contou coa presenza de Iván Giráldez, vicepresidente da entidade, acompañado por Eva Alonso, directora de Programas da entidade, así como membros da Xunta Directiva.

Manifesto do CERMI estatal

O manifesto do 3 de decembro, feito público polo CERMI Estatal, chama a reforzar o piar social da Unión Europea no 40 aniversario da adhesión de España ao club, afirmando que “sen unha dimensión social forte non hai Europa posible” e reafirmando que “a Europa inclusiva non é só unha aspiración, senón unha obrigación política e moral inaprazable”. O manifesto leva por título “40 anos de España na Unión Europea: sen dimensión social non hai Europa”.

Suscríbete ao noso boletín de noticias

Se queres estar ao día das nosas actividades e noticias, subscríbeche ao noso boletín electrónico mensual. Para iso, só tes que facilitarnos a túa dirección de correo-e. Poderás darche de baixa cando queiras enviando un correo-e a downvigo@downvigo.org ou a través do formulario de contacto

    Responsable de tratamiento: Sus datos serán tratados por DOWN VIGO: ASOCIACION PARA EL SINDROME DE DOWN con domicilio social en Rúa Portela, 48 Baixo, 36214 - Vigo (Pontevedra). Finalidad y legitimación: Sus datos serán tratados para poder enviar comunicaciones (boletines de publicidad, newsletter y envío de contenido promocional), con base legal en el consentimiento expreso. Cesiones: no serán cedidos a terceros salvo obligación legal. Plazo: Sus datos serán tratados el tiempo estrictamente necesario para el cumplimiento de la finalidad o finalidades concretas que motivaron su recogida o, en todo caso, hasta que sean cancelados en respuesta al ejercicio por parte de su titular de los derechos correspondientes. Derechos: Le informamos que puede ejercer sus derechos de acceso, rectificación, cancelación y oposición al tratamiento de sus datos a través de este formulario de contacto o dirigiéndose a la siguiente dirección de correo electrónico: downvigo@downvigo.org, o también por escrito, adjuntando una copia de un documento acreditativo de su identidad a la dirección: Rúa Portela, 48 Baixo, 36214 - Vigo (Pontevedra) Información adicional: Puede consultar la información adicional y detallada sobre Protección de datos en nuestra política de privacidad"
    This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.