Actualidad

A sede de Down Vigo no Casco Vello, máis accesible grazas a un programa da Deputación de Pontevedra

  • Provincia +Inclusiva é un distintivo que promove a accesibilidade universal e a inclusión social
  • Con este proxecto, a Deputación de Pontevedra visibiliza o traballo das entidades sociais beneficiarias

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Mª Luisa Sánchez, visitou este mércores a sede de Down Vigo no Casco Vello (C/Real 27), nun acto no que fixo entrega da placa acreditativa do programa ‘Provincia +Inclusiva’, un proxecto co que a institución pon en valor o traballo das entidades sociais da provincia.

O proxecto desenvolvido na entidade, titulado «Sinais para a vida: apoios visuais para persoas con Síndrome de Down e discapacidade intelectual» ten como obxectivo mellorar a accesibilidade e usabilidade dos espazos e instalacións. A actuación permitiu incorporar na sede diferentes ferramentas de accesibilidade cognitiva, entre elas pictogramas adaptados para facilitar a orientación e comprensión dos espazos e unha sinalización horizontal máis inclusiva.

Luisa Sánchez destacou o traballo das entidades sociais, que “son imprescindibles para chegar onde ás veces non poden chegar as institucións”. Neste sentido, a Deputación sitúa a Down Vigo como un “referente” pola súa traxectoria de décadas nos ámbitos da formación, o emprego, a vida independente, a participación comunitaria e a promoción dunha vida autónoma para as persoas con Síndrome de Down e diversidade intelectual.

Provincia +Inclusiva

O programa, impulsado a través do Servizo de Benestar Social, desenvolveu este ano a súa terceira edición, cun orzamento de 210.000 euros e o obxectivo de financiar actuacións destinadas a eliminar barreiras, mellorar instalacións, adquirir sistemas de comunicación accesible e reforzar axudas técnicas relacionadas coa mobilidade e o coidado privado.

Suscríbete ao noso boletín de noticias

Se queres estar ao día das nosas actividades e noticias, subscríbeche ao noso boletín electrónico mensual. Para iso, só tes que facilitarnos a túa dirección de correo-e. Poderás darche de baixa cando queiras enviando un correo-e a downvigo@downvigo.org ou a través do formulario de contacto

    “Responsable de tratamiento: Sus datos serán tratados por DOWN VIGO: ASOCIACION PARA EL SINDROME DE DOWN con domicilio social en Rúa Portela, 48 Baixo, 36214 - Vigo (Pontevedra). Finalidad y legitimación: Sus datos serán tratados para poder enviar comunicaciones (boletines de publicidad, newsletter y envío de contenido promocional), con base legal en el consentimiento expreso. Cesiones: no serán cedidos a terceros salvo obligación legal. Plazo: Sus datos serán tratados el tiempo estrictamente necesario para el cumplimiento de la finalidad o finalidades concretas que motivaron su recogida o, en todo caso, hasta que sean cancelados en respuesta al ejercicio por parte de su titular de los derechos correspondientes. Derechos: Le informamos que puede ejercer sus derechos de acceso, rectificación, cancelación y oposición al tratamiento de sus datos a través de este formulario de contacto o dirigiéndose a la siguiente dirección de correo electrónico: downvigo@downvigo.org, o también por escrito, adjuntando una copia de un documento acreditativo de su identidad a la dirección: Rúa Portela, 48 Baixo, 36214 - Vigo (Pontevedra) Información adicional: Puede consultar la información adicional y detallada sobre Protección de datos en nuestra política de privacidad"
    This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.