A Maxia da Cor inunda PortAmérica
- A entidade participa por primeira vez no festival máis importante do sur de Pontevedra, caracterizado por fusionar música, cociña e medio ambiente
- O venres 10, A Maxia da Cor presentou o seu espectáculo multidisciplinar no escenario Azucreira, visibilizando a diversidade e a creatividade artística

O evento escenográfico e musical ‘A Maxia da Cor’ acaba de participar na XIV edición do festival PortAmérica, evento de referencia do verán no sur da provincia de Pontevedra. O venres 10 de xullo, un grupo de participantes do servizo de Musicoterapia da entidade subíronse ao escenario Azucreira dirixidos polo técnico de Inclusión Educativa Erick Alexander Corrente.
Vermello, laranxa, verde e dourado. Catro números e infinito talento para crear ‘A Maxia’. Durante meses, as persoas participantes ensaian, melloran e se esfuerzan. Todo para transmitir no escenario que a cor está nas pequenas cousas que compartimos xuntos/as.




En 2023, A Maxia das Emocións marcou un antes e un despois na vida da entidade. As artes, as sensacións e os sons convertéronse nunha canle de expresión. De inquietudes, de momentos vitais e de compañeirismo. O resultado foi un auditorio rendido ao talento dos mozos e mozas que participaron na obra, e ao traballo de todo o persoal de profesionais. O resultado foi un evento escenográfico musical que axuntou técnica e cariño.
En 2024 quixemos máis. E chegou A Maxia da Vida para sacudir os corazóns. A todo o talento artístico engadímoslle máis: os nosos ideais. Para converter as artes escénicas nun trampolín de traballo e talento. Para que todo o público comprobase a profesionalidade e o pensamento crítico das persoas con Síndrome de Down e diversidade intelectual.
E en 2026 chegou o salto de calidade definitivo. ‘A Maxia da Cor’ actúa en PortAmérica, festival que destaca especialmente polo seu firme compromiso coa accesibilidade, a inclusión e a diversidade, sumando tamén concertos interpretados en directo en lingua de signos. Esta gran cita musical e gastronómica pechou cun éxito rotundo, reunindo a 60.000 asistentes.

