A Fundación Ibercaja selecciona o proxecto “Artes Inclusivas para persoas coa Síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual da entidade
- A través da súa Convocatoria de Proxectos Sociais 2025
- Concede unha axyuda de 2.500 euros

A Fundación Ibercaja, a través da súa Convocatoria de Proxectos Sociais 2025, selecciona o proxecto presentado por Down Vigo: Asociación para Síndrome de Down e concédelle unha axuda de 2.500 euros para o proxecto “Artes Inclusivas para persoas con Síndrome de Down e/o discapacidade intelectual”.
O convenio entre Down Vigo e a Fundación Ibercaja de Proxectos Sociais 2025 para proxectos no ámbito educativo asinouse o día 18/06/2025. Esta axuda está enmarcada no período de desenvolvemento do proxecto desde o 08/09/2025 ata o 11/06/2026.
Con esta axuda, a Fundación Ibercaja apoia un proxecto novo que emprega a acción formativa continua en habilidades como a música, a danza, a expresión corporal e artes escénicas co obxectivo de motivar, involucrar e estimular a participación activa das persoas con Síndrome de Down e diversidade intelectual. O obxectivo do proxecto é formar e incluílas nas Artes Escénicas, Musicais e audiovisuais, fomentando a súa participación activa.
