A Dirección Xeral de promoción da Igualdade concedeu a DOWN VIGO unha axuda por importe de 35.599,87 €
- Para a realización do proxecto ‘Recursos Integrais de Atención Personalizada e Grupal de Mulleres coa Síndrome de Down e diversidade intelectual’

O proxecto lévase a cabo dende o 01/09/2025 ata o 31/08/2026, para beneficio de como mínimo 40 mulleres coa Síndrome de Down e diversidade intelectual. Este servizo impártese nas instalacións de DOWN VIGO na rúa Real, 27 (36202, Vigo).
Este proxecto foi aprobado na resolución do pasado 4 de maio de 2026, da Promoción da Igualdade, publicada no DOG Nº 88 de data 13/05/2026, polo que se resolven as solicitudes de subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade, convocadas mediante a Orden do 30 de decembro de 2025, e publicadas no DOG núm. 16 de data 26/01/2026 (código de procedemento SI427A).
Este programa inclúe a atención personalizada recollida en proxectos de integración individuais ou grupais a través dos seguintes tipos de accións: servizos de orientación e información sobre recursos singularizados; de atención, orientación e asesoramento persoal e social; así como apoio directo nas relacións con outras entidades, organismos e servizos que lles faciliten ás mulleres o seu proceso de integración social. Inclúe servizo de atención psicolóxica; servizo de asesoramento xurídico; servizo de mediación familiar; actividades para a adquisición de habilidades persoais e sociais básicas ou de competencias de mellora da empleabilidade; servizos ou medidas de orientación laboral e acompañamento na busca de emprego; así como a prospección do mercado de traballo, a intermediación e a tutorización laboral e profesional.
