A DIRECCIÓN XERAL DE PROMOCIÓN DA IGUALDADE CONCEDEU A DOWN VIGO UNHA AXUDA POR IMPORTE DE 34.377,98 €

- PARA A REALIZACIÓN DO PROXECTO “RECURSOS INTEGRAIS DE ATENCIÓN PERSONALIZADA E GRUPAL DE MULLERES COA SÍNDROME DE DOWN E DISCAPACIDADE INTELECTUAL”
- O PROXECTO QUE SE LEVA A CABO DENDE O 01/10/2024 E FINALIZA O 31/08/2025
- BENEFICIARANSE COMO MÍNIMO 40 MULLERES COA SÍNDROME DE DOWN E DISCAPACIDADE INTELECTUAL
- O SERVIZO LÉVASE A CABO NAS INSTALACIÓNS DE DOWN VIGO NA RÚA PORTELA Nº 48, BAIXO, 36214 E AVDA. MARTÍNEZ GARRIDO 21 BAIXO, 36205 DE VIGO
Resolución do 28 de maio de 2025 da Dirección Xeral de Promoción da Igualdade, publicada no DOG Nº 108 de data 09/06/2025, pola que se Resolven as solicitudes de subvencións á entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas dirixidos a mulleres en situacións de especial vulnerabilidade, convocadas mediante a Orde do 3 de xaneiro de 2025, e publicadas no DOG núm. 25 de 06/02/2025 (código de procedemento SI427A).
Un programa que inclúe atención personalizada recollida en proxectos de integración individuais ou grupais a través dos seguintes tipos de accións: Servizos de orientación e información sobre recursos singularizados, de atención, orientación e asesoramento persoal e social, así como de apoio directo nas relacións con outras entidades, organismos e servizos que lles faciliten ás mulleres o seu proceso de integración social. Servizo de atención psicolóxica. Servizo de asesoramento xurídico. Servizo de mediación familiar. Actividades para adquisición de habilidades persoais e sociais básicas ou de competencias de mellora da empregabilidade. Servizos ou medidas de orientación laboral e acompañamento na busca de emprego, así como a prospección do mercado de traballo, a intermediación e a titorización laboral e profesional.
