A Diputación de Pontevedra cofinancia a Down Vigo para os gastos do proxecto “Autonomía para a vida. Programa de Autonomía persoal, habilidades sociais e coñecemento do entorno”
- Cunha axuda económica por importe de 10.000 euros para os gastos do proxecto

Trátase deun proxecto no que participan 122 persoas coa Síndrome de Down e discapacidade intelectual a partir dos seis anos de idade, residentes en diferentes municipios da provincia de Pontevedra.
As persoas beneficiarias reciben a través dos servizos da entidade as ferramentas para a consecución da Autonomía dende a máis temperá idade, ata a idade adulta. Cada semana se realizan diferentes actuacións para mellorar nas habilidades para o desenvolvemento integral da persoa beneficiaria dentro dos ámbitos da familia, educación, formación, empleabilidade e da vida autónoma e independente.
Dentro dos procesos de Vida Autónoma se incorpora o obxectivo de conseguir unha Vida Independente, a través da prestación de apoios no fogar e mais a realización de actividades de autonomía nas vivendas que Down Vigo dispón para o desenvolvemento desta área de traballo, na que se aprende a vivir de unha forma autónoma para desenvolverse na súa emancipación futura.
