A Deputación de Pontevedra cofinancia a DOWN VIGO cunha axuda económica por importe de 5.000 euros
Para os gastos do Proxecto Cultura Tradicional e Inclusiva – Formación continua nas Artes da mocidade con Síndrome de Down e/o discapacidade intelectual.

Con data 10 de xullo de 2025, publicou a proposta de resolución provisional na sede electrónica e na páxina web da Deputación de Pontevedra, a través da CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS DIRIXIDAS Á POSTA EN MARCHA DE INICICIATIVAS DE INTERES SOCIAL, PROMOVIDAS POLA MOCIDADE DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA DURANTE O ANO 2025, do 01 xaneiro ao 31 decembro 2025.
Neste proxecto participan 56 persoas con Síndrome de Down e discapacidade intelectual con idades entre 18 e 35 anos e as súas familias, residentes en diferentes municipios da provincia de Pontevedra.
“Cultura Tradicional e Inclusiva” é un proxecto de acción formativa continua na cultura tradicional galega e as súas festas, a súa orixe e importancia como pobo e a inclusión nas festividades das persoas con discapacidade intelectual e síndrome de Down nas Artes Escénicas e Musicais.
